miércoles, 12 de enero de 2011

Ten fotiñas e sentimentos, non sei se para ledicia ou para bágoas.

                 




Cancionciña para nosa Rosalía 


Ti tamén te fostes
ti tamén te tivestes que ir
chorando por nos
chorando por ti.

Deixastes o que tiñas
por ter un porvir
baleiros nos deixastes
mais enchéstesnos co teu sentir.

Nosa amiga, nosa valedora
a terriña contigo foi
non toda quixo quedar aquí
para poderte acompañar
para te consolar
para non se extinguir.

Acórdasnos agora que non che temos
como si estiveras aquí
e aquí queremos que esteas
para lembrarnos
para vernos
para non esquecernos.

Grazas polo teu recordo
grazas polo teu vivir
grazas pola túa poesía
grazas por obrigarnos a sentir.

Ti tamén te fostes
ti tamén te tivestes que ir
agora xa non choras por nos
mais nos choramos por ti.

O    Catelo.