jueves, 20 de enero de 2011

O RETORNO DE VILLARINA C-5









Capítulo 5


“A miña liberación”


Todos os días imaxinaba a Mansín comendo arandos e cantando as súas mellores cancións de póla en póla.

Era moi bo cantante.

Tamén pensaba na miña familia, aínda que recoñezo que me daba medo volver ao bosque. Sería quen  de recordar  todos os  consellos que me dera miña nai?

E un bo día… Chegou o momento!

Puxéronme un aparatiño nas costas para que os humanos que me coidaban soubesen onde estaba e se me encontraba ben. Iso facíame sentir segura.

Metéronme nun coche e leváronme de volta ao bosque.

Ao chegar, non o pensei dúas veces: saín da gaiola e empecei a correr, tola de contenta.

Mirei para atrás, cara aos homes que me liberaran e recordei un dos consellos de mamá:

- “Mantédevos alongados dos homes”.

Na realidade, os humanos non eran tan malos. Curáranme e déranme de comer, e agora devolvéranme as miñas queridas montañas.

Durante os meses seguintes, ás veces descubría algún deles algún deles observándome dende unha rocha  ou escondido  detrás dun arbusto. Aínda hoxe véxoos. Non me molesta, porque sei que queren aprender máis sobre os costumes dos osos para axudalos no que poidan.

Preguntábame a miúdo onde estarían a  mamá e os meus irmáns.
        Volvería velos algún día?

        Mais o importante era prepararme para o inverno.

        Un día mentres buscaba comida veu ata min un olor familiar. Acheguei o meu fociño ao chan e camiñei na dirección que me indicaba o meu olfacto.

        Cando levantei a vista un enorme abano cegoume.

        Eu xa vira iso nalgunha parte

                - Mansín!

        Era o meu grande amigo pita do monte. Estaba facéndolle unha demostración de canto a unha guapa pita do monte con cara de namorada.

-       Villarina! – exclamou o meu amigo- Que alegría! Mira, atopei unha noiva. A que é fermosa? Pero non é o único que atopei no bosque.

Mansín mandoume que o seguise e comezamos a correr xuntos. Que é o que quería ensinarme?


        Eu corría a toda velocidade detrás do meu amigo, ata que de súpeto parou en seco. Ao lonxe, tres osos viñan correndo cara a nós.

        Recordei entón o encontro co grande oso pardo e estiven a punto de dar a volta. Un dos oso berrou o meu nome.

        Era a mamá cos meus irmáns!

        Foi o día máis feliz da miña vida. Despois dos bicos e os abrazos e de responder a todas as preguntas de meus irmáns, a mamá díxome:

-Villarina, estou orgullosa de ti. aprendiches moitas cousas e sobreviviches no bosque. Chegarás a ser unha osa adulta e responsable.

A alegría fíxome chorar. Eu tamén me sentín orgullosa.
Uns meses despois os meus irmáns e mais eu buscamos as nosas propias oseiras en diferentes partes do bosque.

Mamá namorouse dun guapo oso pardo e seguro que dentro de pouco nos presenta  aos nosos novos irmáns osiños.

Grazas aos vixiantes do parque e aos nenos coma vós os osos pardos poderemos seguir correndo polos bosques da Cordilleira Cantábrica.

FIN