jueves, 20 de enero de 2011

O RETORNO DE VILLARINA C-4






Capítulo 4


“A miña recuperación entre pitas do monte”

Cando acordei atopeime rodeada por un montón de humanos que me miraban con cara de preocupación.

Falaban entre eles. Uns dicían que era mellor devolverme ao bosque e esperar a  que miña nai volvese  buscarme.
Iso era o que eu máis quería no mundo.

Outros pensaban que se me deixaban no bosque podería morrer.

Leváronme a un lugar onde uns señores chamados “veterinarios” conectáronme a unhas máquinas que me axudaban a respirar. Dábanme de comer a través dun tubiño , tomábanme  a temperatura e botábanme gotas nos ollos para que recuperase a vista.

Foron moi bos comigo.
Con tantos coidados, axiña me empecei a sentir mellor. A proba é que cada vez botaba máis de menos correr polos prados cos meus irmáns. Pola noite pechaba os ollos e pensaba na miña familia. Tiña medo de esquecerme deles e de todo o que me ensinara miña nai sobre como sobrevivir no bosque.

Foi marabilloso o día en que por fin puiden erguerme da cama e poñer as miñas patas sobre a herba do xardín.

-                            Que fai aquí un bicho peludo coma ti?- foi o primeiro que escoitei ao saír do meu cuarto.

Vin que un paxaro grande e negro con cellas vermellas e peito verde cobreado mirábame fachendoso dende a póla dunha árbore.

-                            Son unha osa- díxenlle- e estou moi orgullosa da miña pelaxe.
-                           E ti quen es?
Eu xamais vira un paxaro coma aquel no bosque.

- Vaia pregunta – contestou o paxaro - . Son unha pita do monte.

        Entón abriu unha incrible cola en forma de abano. Era o máis fermoso que vira na miña vida.

-                            Guauuuu- era un animal magnífico.-
E, como non puiden ver nunca un animal coma ti?

Contoume que as pitas do monte (urogallos cántabros) viven nas mesmas montañas cós   osos pardos. O que sucede é que quedan tan pouquiños que é moi difícil chegar a velos. Os cazadores, os valos con picos e a falta de comida acabaron con boa parte das pitas do monte. Amais, o raposo e o xabaril comen os ovos que poñen as pitas do monte femias.

- Por certo, chámome Mansín.

- Eu son Villarina.
       
        A pesar das súas plumas e do meu pelo, Mansín e mais eu fixémonos amigos. Foi el quen me explicou que estabamos nun centro de recuperación de animais, onde persoas expertas encárganse de coidarnos.

Neste lugar – contoume Mansín – incúbanse ovos de pitas do monte de forma artificial. Cando nazan os novos poliños  soltaranos  no bosque. Quizais así, algún día, consiga volver ter unha gran familia.

        Uns meses despois Mansín marchou. Era o meu mellor amigo e botaríao moito de menos, pero tamén me puxen moi contenta porque me dixeron que volvera ao bosque.

        O primeiro que farei cando saia de aquí – dixérame Mansín – será encher o bandullo de arandos ata que non poida máis.

        Que gana tiña eu de facer o mesmo!.