domingo, 16 de enero de 2011

Cantiga popular

A raíz do toxo verde, 
é moi mala de arrincar,
os amoriños primeiros,
 
son moi malos de esquecer.
Unha vella díxolle a outra 
polo burato da porta:
ti goberna a túa vida
 
que a miña nada che importa.
A miña muller morreume 
e enterreina no palleiro,
deixeille un brazo fóra
 
para que tocara o pandeiro
Miña nai e maila túa 
quedan no río berrando
por culpa dunha galiña
 
que ten amores cun galo.