martes, 13 de noviembre de 2012








Limosa Lapponica

CASUALIDADE OU DESEÑO?

O sistema de navegación da agulla colipinta


      A AGULLA 
colipinta realiza unha das viaxes migratorias máis asombrosas que coñece o home. Esta ave voa 11.000 quilómetros durante oito días ou máis sen deterse.

      Os investigadores cren que algúns tipos de aves se valen do campo magnético da Terra para orientarse, coma se tivesen un compás cerebral. No caso da agulla 
colipinta, pode que tamén se guíe de día polo Sol e de noite polas estrelas. Parece que mesmo é capaz de percibir cando se achegan sistemas de tormentas e aproveita os ventos de cola. Sexa como for, os expertos aínda non rematan de explicarse como realizan estas aves a súa incrible viaxe.

     É o sistema de navegación da agulla 
colipinta produto da evolución, ou foi deseñado?

domingo, 22 de enero de 2012

A aqueles que se gardan na memoria e mais no corazón

No recordo a Esther

De meu tío para a súa filla Esther(1).



En Memoria de dous seres queridos: Gratitude!


MANUEL DOURADO DEIRA

Eses dous seres son Isaac Díaz Pardo e Esther Dourado González, filla. A negra e fría sombra da morte cubriu co seu manto sombrío o día de Reis, día que quedará marcado para o resto dos nosos días. Non hai explicacións. Para qué? Sen embrago, queda o capítulo da gratitude que considero transcendental.
Sobre Díaz Pardo, xa se dixeron moitas e moi sabias verdades. Nin vou, pois, a insistir máis sobre o que todos os que queriamos e admirábamos a este gran home polifacético se salientaron. Simplemente, recordar algunhas das bases sobre que se asentaba a nosa vella e profunda amizade. Foi arredor dos anos 1960-61, data na que regresaron os Dieste, D. Rafael e a súa dona, dona Carmen Muñoz. Era polo verán. Os Dieste viñan de visitar a D. Roxelio Pérez González, seu grande amigo, Mestre, inspector do ensino primario, escritor, renovador da pedagoxía e da didáctica para un ensino galego e en galego. Encheu Galicia de bibliotecas escolares con libros sobre Galicia e nos diverso xéneros que entón existían, cuxos autores pertencían ao Grupo Rexionalista, Irmandades da Fala e, mais tarde, durante a II República. A el debo que, pese ao ventos en contra, escribira en galego, pois os meus primeiros artigos escribino en castelán.
Pasando algún tempo, reuníamos na casa dos Dieste, ávidos de ter información de primeira man sobre o que acontecera en Galicia durante o seu exilio. Alí foi onde, durante unha gran velada, conversamos ata altas horas da madrugada. Falamos de todo o divino e humano. A partir daquela noite, a nosa amizade foi afirmándose e medrando en extensión e profundidade ata o Día de Reis no que emprendeu a súa viaxe definitiva. Cousa que lamento profundamente por partida dobre.
Pero ti, amigo Isaac, un dos grandes de Galicia, brillarás coma unha estrela de primeirísima magnitude no firmamento da nosa Terra querida. Sempre serás un referente paradigmático a seguir. Polo menos, mentres no noso País queden xeracións cun amor consciente e crítico pola súa Patria. En consecuencia, ti, como Castelao, sempre serás luz que nos despegue as sombras, dúbidas e incertezas no rumbo que debemos tomar nas encrucilladas que a Vida nos vaia deparando.
Por iso, lamento que non puidera darte o derradeiro adeus. A nosa filla Esther, xusto ese día, tamén emprendeu esa viaxe sen regreso. A tal respecto, manifesto, no nome de toda a familia, a nosa profunda gratitude á multitudinaria asistencia que, tanto no Tanatorio de Rianxo como nos funerais e sepelio nos apoiaron e nos consolaron na nosa dor. Especialmente, ao GRUPO CORREO GALLEGO, ao DIARIO DA AROUSA; a tódolos amigos e compañeiros das miñas fillas Olga, Esther e Lourdes, en especial ás atencións dos compañeiros do Colexio de Cadreche (A Pobra), A Baña e Teo e a calquera outros que non recorde. resulta moi difícil reter na memoria obnubilada, incluso os máis achegados. A todos, Gracias!

De meu tío para a súa filla Esther(2).

  


Perfil Profesional de Esther Dourado González: Cadreche


MANUEL DOURADO DEIRA.

   O pasado sábado, 14-1-012, facía unha leve alusión a este negro acontecemento familiar do seu pasamento. Persoas achegadas á familia e amigos pareceulles que debía trazar un breve perfil profesional centrado no Colexio de Cadreche onde transcorreu o groso do labor docente de Esther durante 20 anos, con repercusións, non só estrictamente internas no propio colexio, centradas na educación personalizada de cada alumno, senón tamén no seu entorno social, onde o alumno debe integrarse como cidadán. Porque de pouco serve o labor pedagóxico e didáctico mais exquisitos no interior do colexio, se non se resolve previamente a problemática familiar e social do alumno. Porque ese labor non sería asimilado con gusto polo alumno frustrado por problemas familiares e mesmo do seu ambiente máis próximo. Débese ter en conta que a afectividade do propio alumno conectada e estimulada polo docente é esencial para a receptividade do alumno. Problemas que Esther abordou con entusiasmo e eficacia, non só na aula, senón dende a secretaría do Colexio que levaba paralelamente ao labor docente.
   Desde a secretaría, deben resolverse os problemas que as institucións administrativas superiores plantean e tamén atender as cuestións que presentan os familiares. Non sempre, sen embargo, os familiares cumpren con esa obriga, ben por razóns laborais, ou de calquera outro conflicto da sociedade actual. Iso repercute seriamente” no labor de formación do alumno e na tarefa educativa do profesor, que terá que resolver previamente os problema do entorno familiar do neno se quere que o seu traballo sexa proveitoso para el. E iso só o pode lograr o profesor mediante o cariño, a persuasión, a comprensión e a conexión afectiva co alumno. Porque a afectividade é esencial para que o alumno sexa receptivo á formación que se lle pretende transmitir. E iso soubo facer Esther moi eficazmente. E, cando os pais fallan, son os pobres avós quen, en moitos casos, ten que asumir esa responsabilidade do coidado dos netos que xa non lles é propia. Males dunha época que os docentes teñen que enfrontar. A familia é esencial no labor educativo. Sabémolo todos. Se a familia falla, a escola fracasa.
   Son pai e a miña visión podería resultar máis subxectiva ca real, pese a que visitei o Colexio de Cadreche varias veces e tiven ocasión de falar con moitos nais e pais. Todos eloxiaron o labor de Esther. Son os seus compañeiros de sempre quen, por boca do Director, corroboran a miña versión: “Era considerada como unha boa profesional, esixente consigo mesma e cos alumnos, sen prexuízo dunha boa compresión cara os problemas de cada alumno; boa compañeira, rigorosa no seu traballo durante os 20 anos que durou a súa docencia no centro”
Non quixera rematar esta semblanza sen unha mención especial para o nutrido grupo de amigos/as que tiña Esther en toda a zona. Gracias a todos. Neste momento, é vehemente desexo da familia de que aquí remate o período de condolencias ¡!Punto final.