XORNALEIROS
A seco ou a mantido, fozan a rabuñan en leira allea estes homes que se arrendan por xornada,
para viviren ó día e como cadre. Brazos de empreste, suor sen rumbo fixo, pan acedo.
Son labregos sen terra, obreiros sen fábrica, homes sen asento. Son parias mal aventurados que
non lograron acadar tansiquera eses mínimos azos e patacos que lle compren a quen emigra.
E un día e outro, cando hai quen chame, anáganse aquí e alá, sen amor nin xenreira, sobor da
codia do chao indiferente.
XOSÉ NEIRA VILAS