quizais por que as miñas viaxes e percorridos
non me levaron moi lonxe desta terra ou máis ben,
sempre fiquei nela.
Non é o caso de moitísima xente,
neste ou noutro tempo,
onde a necesidade obrigou a deixar aldeas, vilas, casas, familia,
por que non, vida.
As persoas somos como o resto da Creación:
nacemos, criámonos, vivimos e morremos nun fogar.
A mágoa que nos fire prodúcese
cando temos que saír dese noso fogar,
mesmo ter dous, mesmo non ter ningún.
Está amencendo en Arzúa.
Non é o meu fogar.
Unha cor laranxa cobre os campos xeados
mentres a luz vai descubrindo a vila ao lonxe.
Despois dun anaco
o soliño mañanceiro saúdame nesta alcoba
na que me atopo e dáseme por pensar que o sol
é o mesmo para todos nós.
Nembargante, estou errado.
Os sentimentos, a nostalxia, o baleiro que se sente no corazón
cando se está lonxe do seu fogar, as lembranzas dos teus...
Así supoño que nace a morriña!
Gústanme as notas musicais que os de Luar na lubre
lle dan a este sentimento tan
arraigado no interior de moitos,
este sentimento tan galego.
É frívolo falar da morriña na era da comunicación dixital
sen estar no pelexo daqueles que a sentiron
noutra hora,
daqueles que a seneten hoxe,
pero xa quixera eu
que xamais ninguén a tivera que sentir.
O Catelo.
que xamais ninguén a tivera que sentir.
O Catelo.