martes, 28 de diciembre de 2010

Adiviñas para nenos

Na horta do meu amo
hai un galiño francés.
Ten dentes e non ten boca,
ten cabeza e non ten pés.
...adiviña adiviñanza que animal leva os pés na cabeza
Nacín na auga
na auga me criei
se me pos na auga
na auga morrerei
...adiviña adiviñanza ¿que cousiña é?, que canto máis lle quitas, máis grande é.
O que o fai, non o quere
o que o compra non o usa
e o que o usa non o ve.
Un fato de señoras, que cando mexa unha, mexan todas.
Adiviña, adiviñanza
Canto máis hai
menos se ve.
Na horta fun criada, atada
con verdes lazos
aquel que chora por min
estame partindo a pedazos.
De día, traca, traca, traca,
e de noite baixo a cama.
Respostas: O allo, o piollo, o sal, o furado, o ataúde ou cadaleito, as goteiras, a escuridade, a cebola, os zapatos. Cantas acertastes?