martes, 28 de diciembre de 2010

DECIRES

Din que o deserto faise monótono pero é para que as estrelas parezan máis brilantes
Os globos había que enchelos con aire de festa
Nas formas que debuxa a area sempre está o recordo do mar perdido
Non só nós, tamén os paxaros vanse de vacacións á vez
Como non podía controlar a choiva, o home inventou as fontes
Si o home é o que crea todolos fogos, por que só uns se chaman artificiais
Que xenerosa é a terra. A pesar de quitarlle tanto, aínda no lo segue a dar todo.
A brisa é un vento dormilón que non se levanta ata pola tarde
Os paseos marítimos son pasarelas onde o mar exhíbese coqueto.