martes, 28 de diciembre de 2010

DECIRES

Din que o deserto faise monótono pero é para que as estrelas parezan máis brilantes
Os globos había que enchelos con aire de festa
Nas formas que debuxa a area sempre está o recordo do mar perdido
Non só nós, tamén os paxaros vanse de vacacións á vez
Como non podía controlar a choiva, o home inventou as fontes
Si o home é o que crea todolos fogos, por que só uns se chaman artificiais
Que xenerosa é a terra. A pesar de quitarlle tanto, aínda no lo segue a dar todo.
A brisa é un vento dormilón que non se levanta ata pola tarde
Os paseos marítimos son pasarelas onde o mar exhíbese coqueto.

OS XORNALEIROS GALEGOS



  XORNALEIROS
     A seco ou a mantido, fozan a rabuñan en leira allea estes homes que se arrendan por xornada,
para viviren ó día e como cadre. Brazos de empreste, suor sen rumbo fixo, pan acedo.
    Son labregos sen terra, obreiros sen fábrica, homes sen asento. Son parias mal aventurados que
non lograron acadar tansiquera eses mínimos azos e patacos que lle compren a quen emigra.
    E un día e outro, cando hai quen chame, anáganse aquí e alá, sen amor nin xenreira, sobor da
codia do chao indiferente.
                                                                                                   XOSÉ NEIRA VILAS

JUANOLAS


1º Oi que prosas...
2º Pouco das en menos levas.
3. O barato de balde é caro.
4º E-lo demo.
5º Eres das que o rei mandou chamar.
6º Estás boa lebre.
7º Xa o sabía eu.
8º Eres un/unha plagero/plagera.
9º Xa che teño medo de lonxe.
10º Teño mediño.
11º Eu non sei.
12º Non hai pouco que non chegue, nin moito que non se acabe.
13º Raposo da montaña, avogado da ribeira.
O Catelo.

PARA O MEU BEIXO


Durme meu neno, durme,
sen máis pranto,
que o tempo de chorare,
vai pasando
Que a terra na que vives,
no que bágoas,
precisa homes inteiros,
pra liberala.
Durme meu neno, durme,
colle forzas,
que a vida que che agarda,
pide loita.
Recollera-lo froito
sementado,
no inverno escuro e frio,
no que estamos.
Semente feita en sangue por un pobo
que xurde dende a hestoria, dende o sono,
un sono cheo de aldraxe e miserento,
un sono de inxusticias e silencio.
Mira a língoa que falo, despreciada,
por ser língoa de probes, língoa escrava,
son o orgullo que temos, língoa de probes.
Só neles hai verdade e máis honores.
Durme meu neno, durme, niste colo,
que esta terrra de escravos non tén odio.
Tén séculos de espranza, agardada,
que pón hoxe nos fillos que amamanta.
Fuxan os ventos.

TEÑO O CORAZON SENLLEIRO


Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
Non importa, agardaréi
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…
Ela fía i eu confío
no albor do novo día.
.
  • De Viaxe ao País dos Ananos.
  • Celso Emilio Ferreiro, Escolma poética (trece poemas). Imaxes deBaldo Ramos.

Adiviñas para nenos

Na horta do meu amo
hai un galiño francés.
Ten dentes e non ten boca,
ten cabeza e non ten pés.
...adiviña adiviñanza que animal leva os pés na cabeza
Nacín na auga
na auga me criei
se me pos na auga
na auga morrerei
...adiviña adiviñanza ¿que cousiña é?, que canto máis lle quitas, máis grande é.
O que o fai, non o quere
o que o compra non o usa
e o que o usa non o ve.
Un fato de señoras, que cando mexa unha, mexan todas.
Adiviña, adiviñanza
Canto máis hai
menos se ve.
Na horta fun criada, atada
con verdes lazos
aquel que chora por min
estame partindo a pedazos.
De día, traca, traca, traca,
e de noite baixo a cama.
Respostas: O allo, o piollo, o sal, o furado, o ataúde ou cadaleito, as goteiras, a escuridade, a cebola, os zapatos. Cantas acertastes?

domingo, 26 de diciembre de 2010

A morriña dos galegos.

     Xamais me puxen a pensar nesta palabra
quizais por que as miñas viaxes e percorridos
non me levaron moi lonxe desta terra ou máis ben,
sempre fiquei nela. 
Non é o caso de moitísima xente,
neste  ou noutro tempo, 
onde a necesidade  obrigou a deixar aldeas, vilas, casas, familia,
por que non, vida.
     As persoas somos como o resto da Creación: 
nacemos, criámonos, vivimos e morremos nun fogar. 
A mágoa que nos fire prodúcese 
cando temos que saír dese noso fogar, 
mesmo ter dous, mesmo non ter ningún.

Está amencendo en Arzúa.
Non é o meu fogar.
Unha cor laranxa cobre os campos xeados
mentres a luz vai descubrindo a vila ao lonxe.
Despois dun anaco
o soliño mañanceiro saúdame nesta alcoba
na que me atopo e dáseme por pensar que o sol
é o mesmo para todos nós.
Nembargante, estou errado.
Os sentimentos, a nostalxia, o baleiro que se sente no corazón
cando se está lonxe do seu fogar, as lembranzas dos teus...
Así supoño que nace a morriña!
Gústanme as notas musicais que os de Luar na lubre
lle dan a este sentimento tan
arraigado no interior de moitos,
este sentimento tan galego.
É frívolo falar da morriña na era da comunicación dixital
sen estar no pelexo daqueles que a sentiron
noutra hora,
daqueles que a seneten hoxe,
pero xa quixera eu
que xamais ninguén a tivera que sentir.

O Catelo.

A morriña

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Memoria da noite. Luar na Lubre


Madrugada, o porto adormeceu, amor,
a lúa abanea sobre as ondas
piso espellos antes de que saia o sol
na noite gardei a túa memoria.
Perderei outra vez a vida
cando rompa a luz nos cons,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar,
perderei o día que aprendín a bicar
palabras dos teus ollos sobre o mar.
Veu o loito antes de vir o rumor,
levouno a marea baixo a sombra.
Barcos negros sulcan a mañá sen voz,
as redes baleiras, sen gaivotas.
E dirán, contarán mentiras
para ofrecerllas ao Patrón:
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar,
quererán pechar cunhas moedas, quizais,
os teus ollos abertos sobre o mar.
Madrugada, o porto despertou, amor,
o reloxo do bar quedou varado
na costeira muda da desolación.
Non imos esquecer, nin perdoalo.
Volverei, volverei á vida
cando rompa a luz nos cons
porque nós arrancamos todo o orgullo do mar,
non nos afundiremos nunca máis
que na túa memoria xa non hai volta atrás:
non nos humillaredes NUNCA MÁIS.

Eu son capaz de sentir cada unha das notas. E ti?