martes, 10 de diciembre de 2013

Decálogo para o bo buscador de emprego.





1.- Acción:  debe ser ti palabra de cabeceira. Debes sempre estar disposto a levar a cabo as túas ideas e convertelas en proxectos e actividades.

2.- Constante: Fíxate un obxectivo e vai a por el custe o que custe.

3.- Paciente: Se me esforzo cada día verei o resultado desexado.

4.- Coñécetea ti mesmo. Busca ofertas adaptadas a ti mesmo e pensa nas túas posibilidades.

5.- Optimista: Afronto as dificultades e vexo o lado positivo das cousas, crendo nas miñas posibilidades e capacidades.

6.- Debo ser creativo. Dá xiros á túa busca de emprego, improvisa e analizo todas as miñas posibilidades. Transformo o negativo en positivo.

7.- Curioso: Descobre e busca todo o que sucede ao teu arredor.

8.- Estate atento ao que acontece ao teu arredor; nunca sei sabe o que podes encontrar. Aproveita o tempo de que dispós, busca información, analiza o que necesitas.

9.- Utiliza todos os recursos ao teu alcance.

10.- Non descartes nada ao teu arredor podes encontrar novos camiños e alternativas que non pensabas que existían.

Publicado por Begoña Viña

martes, 3 de diciembre de 2013

A singular capacidade de almacenamento do ADN






Os usuarios de ordenador producen enormes cantidades de información dixital, a cal debe almacenarse para o seu uso posterior. Os científicos buscan revolucionar os sistemas actuais de almacenamento dixital imitando un sistema natural moito máis avanzado: o ADN.

Pensemos no seguinte: O ADN da célula contén miles de millóns de datos biolóxicos que se conservan por moito tempo. "Podemos extraer [o ADN] mesmo do óso dun mamut, [...] e aínda se pode ler", asegura Nick Goldman, do Instituto Europeo de Bioinformática. "Ademais, é incriblemente pequeno e denso -engade-, e non necesita electricidade, polo que é moi doado de manter e transportar. " Podería almacenar o ADN información feita polo home? A resposta dos científicos é si.

Un equipo de investigadores logrou almacenar imaxes e arquivos de texto e de audio en ADN artificial -tal como consegue dispositivos dixitais-, e logo extraelos sen ningún erro. Os científicos cren que, co tempo, un gramo (0,04 onzas) de ADN artificial podería almacenar a información de tres millóns de discos durante centos -ou ata miles- de anos. En principio, este sistema podería almacenar toda a información dixital do planeta. Por iso chamouse ao ADN "o último en discos duros".
A pregunta é: Podería o ADN, coa súa gran capacidade de almacenamento, ser o resultado da evolución? Ou foi deseñado? E se foi deseñado, por quen? Quizais polo Diversificador Invisible de Organismo e Sistemas?

Querido emprego.


Estimado Emprego:


Sei que non andas moi ben de saúde , pero non obstante atrevome a escribirche esta carta polos moitos anos de amizade que nos unen, e sendo consciente que a nosa relación non atravesa os mellores momentos dende que nos coñecemos. Nos últimos anos distanciámonos, e nas poucas veces que coincidimos, máis valería non o ter feito.

Non é esta unha carta de reproches, nin un intento de xustificar a miña falta de contacto contigo, nin sequera pretendo conseguir os teus favores, só quero explicarche as interferencias de terceiros na nosa estreita e frutífera relación, agora deteriorada. Interferencias que non só provocaron o noso distanciamento, senón tamén a dificultade que agora temos de volver retomar a nosa relación. Interferencias que ademais, creo descoñeces.
Quero dicirte que aqueles que temos contacto coas persoas que non teñen ningún tipo de relación contigo dende hai anos (Para nomealos usan o eufemismo: Parados de longa duración), estamos a ser testemuñas dunha deterioración galopante da nosa sociedade, cuxo futuro non se albisca moi prometedor (“Doce Crise” para algúns). E agora, co teu permiso diríxome ás persoas que están a interferir nesta relación.

Este grupo de persoas, non son unha nin dúas, non en absoluto. Son, polo menos, todos os responsables da xestión pública e privada deste territorio dende ao ano 1982 ata os nosos días. Que non se pode xeneralizar? Pois o que teña argumentos para defenderse que os publique, a ser posible de forma individual, clara e con testemuñas.

Señores responsables da xestión, vostedes nunca entenderon a súa función como algo colectivo, máis ben pasaron polos seus cargos co ánimo de crecer só persoalmente, de alimentar o seu propio ego... un tras outro. Nunca loitaron polo desenvolvemento dun modelo de negocio sostible no tempo, que permitise que a nosa relación co emprego non rematase. Foi para todos vostedes máis rendible (e para os seus amigos) o crecemento doado, e por desgracia esqueceron que estaban a sementar para producir a ruptura da relación máis rendible para todos.

Señores responsables da xestión, vostedes (durante décadas) degradaron a formación académica, a profesional, a continua e todo aquilo que significaba mellorar para unirnos máis co noso amigo o emprego. Porque parece que descoñecen que un dos motivos polos que nunca rompe esa amizade é a FORMACIÓN.


Señores "responsables" da xestión: vostedes non foron nin son conscientes da situación das persoas do seu territorio. Vostedes limítanse a publicar os datos do paro unha vez ao mes, algo que non entendo. Tradéannos co dato da prima de risco, case de forma online, cada minuto, cada noticiario, dato que non interesa a aqueles que loitan por retomar a súa relación co emprego, dato que só posibilita coñecer o diferencial de valor da débeda a longo prazo do seu territorio co alemán, deberían saber que aquí abaixo as débedas se reclaman dun día para outro. Pois pregúntome: Por que non temos o indicador do número de parados publicado da mesma forma que a prima de risco? Ten problemas técnicos? (Sarcasmo).


Vostedes, señores que ven brotes verdes en non sei onde e luces ao final de túneles polos que non nos invitaron a transitar, saiban que hai un gran número de persoas que será moi, pero que moi difícil que poidan recuperar a súa amizade co emprego. Persoas que necesitan apoio e sobre todo formación. Persoas que non saben que facer, que xa están totalmente desmoralizadas, persoas que non saben que é un correo electrónico, que nin sequera saben tomar na súa man un dispositivo que a maioría chamamos "rato".



Querido Emprego, non me estenderei máis, nestes tempos non se levan as cartas moi longas e esta podería ser eterna. Só un último detalle Saberán estes grandes estadistas que é a brecha dixital? Ti e eu sabémolo, xa hai tempo que tes novas relacións que nacen dende Internet, sabes que moitas oportunidades de establecer amizade contigo pasan por este novo medio, non sei se será o futuro, pero si forma parte do presente.



Espero que teñas un futuro prometedor, brillante, esperanzador. O teu futuro será o de moitas persoas que agora non saben cal é o seu.


Ximo Salas.

Xente do Araño fai moitos anos ...


En Contrés, diante do bar da Señora Juana a "Parranduxa". (Esta foto foi sacada da páxina de facebook de Rabunho Rexeita. Alí atópase o dono dela). Grandes piñeiros onde agora Manolita ten a perriquería e casa de Celia e a de Antucho e Esmeralda a "Lorcha " á dereita. O chan é terra. Aínda José María de Lemos era novo, tal como se reflicte á esquerda.

viernes, 13 de septiembre de 2013

Xa se vía vir





O 2 de febreiro de 1905 naceu en San Petersburgo a filósofa e
escritora estadounidense (nacida rusa) Alissa Zinovievna Rosenbaum,
máis coñecida no mundo das letras baixo o pseudónimo de Ayn Rand, e
falecida en marzo de 1982 en New York.
Son súas estas palabras, nunca máis oportunas:

"Cando advirtas que para producir necesitas obter autorización dos que
non producen nada; cando comprobes que o diñeiro flúe cara aos que non trafican con bens senón con favores; 
cando percibas que moitos se fan ricos polo suborno e por influencias máis que polo seu traballo, e que as leis non che protexen contra eles senón, pola contra, son eles os que están protexidos contra tí; 
cando descubras que a corrupción é recompensada e a honradez se converte nun auto sacrificio, entón poderás afirmar, sen temor a equivocarte, que a túa sociedade está condenada ".

AYN RAND (1950)

miércoles, 28 de agosto de 2013




A PLUMAXE DO PINGÜÍN EMPERADOR

      O Pingüín emperador pode moverse como unha bala pola auga e saír disparado hacia o xeo. Cómo o logra?
     Expande as súas plumas co fin de atrapar aire e illarse do frío extremo. Pero ese aire tamén lle permite moverse dúas ou tres veces máis rápido na auga. Un grupo de biólogos mariños cre que o consegue liberando aire en forma de miles de burbullas que reducen a fricción superficial e aumentan a velocidade.
     Os enxeñeiros están buscando maneiras de aumentar a velocidade dos barcos usando burbullas para reducir a fricción co casco. Non obstante, recoñecen que "non será nada doado recrear a complexa plumaxe do pingüín con membranas e mallas porosas feitas polo home.
     É a plumaxe do pingüín emperador produto da evolución, ou foi deseñada?



sábado, 6 de abril de 2013

Miñas primas: Olga, Esther e Lourdes.

Rianxo? Qué é Rianxo? Dourado?


MANUEL DOURADO DEIRA " MESTRE,ESCRITOR E HISTORIADOR "

Manuel Dourado Deira naceu en Rabunho, aldea de Carballal, naceu o 30 de agosto de 1929,e finou o 26 de Dezembro do 2012. Naceu no seo dunha humilde familia labrega, onde tivo que traballar el mismo ata quue xa foi mozo.A familia non podia axudarlle economicamente " Eu andaba cos porcos de meu pai (a carne que comiamos todo o ano, porque ir – como dicía miña nai – á corteduría a buscar carne ... non había cartos; cos cartos que se facían cos ovos había que comprar o cemento, o aceite ...) " polo que fixo da musica unha forma de ingresos percorreu Galiza, coma músico de aldea, tocando en bandas e orquestras populares para se poder pagar os estudos, comentaba el nunha entrevista feita polo noso amigo Ramon Torrado " Andaba cos porcos, subíame ó alto duns outeiros , duns pedrales que había na horta e collía a batuta – un cacho de cana – e empezaba a dirixir as árbores. Para min as árbores, pequenas e frondosas, eran unha gran orquestra. Un primo meu ensinoume as primeiras cousiñas de solfeo. Despois mandoume a outro, e despois a outro señor, que era director de banda dos Pinchudos de Taragoña, Valentín, que logo de maior fomos moi amigos. Foi meu mestre de solfeo e de instrumento: eu toquei o saxo alto. Formamos unha banda. Un acordeón, un saxo, unha trompeta e o sanbán, a batería. Pero eu quería saber máis e caeu por aquí, como auga de ceo, un mestre, don José Bandín Figueira. Este home doume clase de música. Conseguín un saxofón (con moito esforzo) e a Providencia fixo que me contrataran para un baile. Eu buscáballe unhas notas moi raras ó saxo.

Percorría toda Galiza como dixemos tocando coa banda de Manoliño do Araño ( Banda do sogro do Chato, que foi feita ao desfacerse a banda do Chancarro, daque falaremos en breve tempo).Sige-lle contando a Ramon que Cursou Bacharelato e despois Dereito e Maxisterio. Tuvo que deixar a música porque Dereito llo esixía.Cursou Bacharelato e despois Dereito e Maxisterio. Tuvo que deixar a música porque Dereito llo esixía. Seu pai morreu dunha parálise. Déronlle unha pensión mensual para continuar os estudos. Estivo nun despacho quince días. Cando veu que estaban esplumando ós pobres paisanos como se foran galiñas, entroume un nonseiqué, e rebeleime, e protestei ó xefe do despacho. Non interesaba a cultura.
Refirelle a Ramon o seu encanto pola musica clasica " “Os meus compositores clásicos favoritos son os románticos: Beethoven, Brahms, Schumann, Weber, Schubert en especial – ah, a súa Sinfonía Incompleta. Teño a Mozart case completo. A zarzuela, case a nosa ópera, é unha marabilla. Gústanme obras como a Maruxa de Vives e “La leyenda del beso” do catalán Vert e o galego Soutullo. Tamén me gustan os italianos: Verdi, Puccini, Donizetti. E a ópera integral alemá de Wagner, con base nas lendas do pobo. Da música popular galega, gústanme os centos de corais que temos, e as cancións que reflexan o traballo diario das xentes de Galicia, do mar e da terra”.
Despois dun Ensino Primario rudimentario, superou grazas ao mestre de Asados don José Bandín Figueira os seus estudos de bacherelato e se graduou con Premio Extraordinario, e de Maxisterio en Santiago de Compostela, carreira que simultaneou cos estudos na Facultade de Dereito que lle permitiron obter tamén o título de Licenciado en Dereito pola Universidade Compostelá.
Foi profesor de EGB no colexio Castelao de Rianxo (de lengua galega, lengua e literatura castela e ciencias sociales) dende finais dos anos sesenta ata a sua xubilación.
A súa vocación predominante foi a docencia, á que se dedicou con verdadeiro apaixonamento creativo. A outra gran paixón é a de escribir.
Comezou facendo periodismo de opinion no diario La Noche, de Santiago, colaborando despois con La Voz de Galicia, Faro de Vigo,El Correo Gallego, Galicia Hoxe, foi membro do Consello de Redacción de Encrucillada.
Recibeu o Premio de periodismo Ruta Xacobea no 1991.
Publicou o libro Conversas con Teresa Castelao, e un Un segundo libro sobre Maruxa Villanueva, unha galega de excepción, que se titula A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva.
Sobre o seu enterro contanos Ramon que que se fixo integramente en galego, e foi oficiado polo insigne teólogo e crego de Aguiño Andrés Torres Queiruga, amigo persoal de Dourado. Como era de esperar, Torres Queiruga foi elocuente e elevado, citando ó filósofo Ernst Bloch e facendo pensar. Empregou como argumento o que tal vez é a máis potente posible incitación á fe relixiosa para os agnósticos ou ateos: o misterio.
A extraordinaria cantante Felisa de Fruíme interpretou unha emocionante e belísima canción de exequias xunto co himno galego. Tamén había unha bandeira galega sobre o cadaleito de Dourado, e isto non era casual, porque o home que se honraba demostrou sempre, especialmente nos seus artigos na prensa de Compostela, o seu grande amor e a súa preocupación pola nosa terra e polo pobo de Galicia.
Esta soterrado en Rianxo , vila da sua dona e onde el viviu,Avelina González Rodríguez (con quen se casara en 1959) e suas fillas Olga e Lourdes,
Descanse en paz MESTRE