viernes, 13 de septiembre de 2013

Xa se vía vir





O 2 de febreiro de 1905 naceu en San Petersburgo a filósofa e
escritora estadounidense (nacida rusa) Alissa Zinovievna Rosenbaum,
máis coñecida no mundo das letras baixo o pseudónimo de Ayn Rand, e
falecida en marzo de 1982 en New York.
Son súas estas palabras, nunca máis oportunas:

"Cando advirtas que para producir necesitas obter autorización dos que
non producen nada; cando comprobes que o diñeiro flúe cara aos que non trafican con bens senón con favores; 
cando percibas que moitos se fan ricos polo suborno e por influencias máis que polo seu traballo, e que as leis non che protexen contra eles senón, pola contra, son eles os que están protexidos contra tí; 
cando descubras que a corrupción é recompensada e a honradez se converte nun auto sacrificio, entón poderás afirmar, sen temor a equivocarte, que a túa sociedade está condenada ".

AYN RAND (1950)