(Agora somos libres)
Non necesariamente me gusta a tradución desta fermosa melodía pero é o
que me queda, á fin e ó cabo eu non son quen o escribiu. De calquera xeito, deberiamos beber tódolos días un vasiño de entendemento para poder enfrontar e ver a vida con dignidade e non como unha de tantas follas secas que se achan en calquera xardín, de calquera lugar. (Nota: na tradución, só me quedo co que me gusta). Ademais, cando sexa maior, quero poder transmitir sentimentos mediante un piano, como o fai o rapaz que toca.
Liberdade Todopoderosa
Todopoderosa liberadora da alma
Se libre
Camiña comigo
A través dos campos dourados
tan preciosa
preciosa
Se libre
Se libre
e imaxina
Libre en paz ao final
É preciosa
É preciosa, esta terra
que ninguén pode crer nin entender
Canto lonxe cheguei tan só pola miña preciosa familia
Debín estar aí
con eles cando o mundo se destruíu
pero agora eles descansan comigo.
Nunca esquecerei
como sentín ese momento
no que me liberei.