Ao mar botei un poema
que levou con el as miñas preguntas e a miña voz
Como un lento barco perdeuse na escuma
Pedinlle que non dese a volta
sen ver o altamar
e en sonos falar comigo do que viu
Aínda se non volvese
eu sabería se chegou
Viaxar a vida enteira
pola calma azul ou en tormentas naufragar
pouco importa o modo se algún porto espera
Agardei tanto tempo a mensaxe
que esquecín volver ao mar
e así eu perdín aquel poema
Berrei aos ceos todo o meu rancor
Acheino por fin, pero escrito na area
como unha oración
O mar golpeou nas miñas veas
e librou o meu corazón