martes, 1 de febrero de 2011

O amigo Galego





Un amigo é alguén que nunca che pide comida...
Un amigo galego é a razón pola que organizas unha comida.

Un amigo pregúntache como estás...
Un amigo galego diche que ben te vexo,  abrázate e  bícate.

Un amigo chama aos teus pais “señor e señora”...
Un amigo galego chama aos teus pais "meu vello" e "miña
vella "...

Un amigo pode que nunca che vira chorar...
Un amigo galego chorou contigo, por calquera cousa.

Un amigo mándache flores e unha tarxeta cando estás internado no hospital.
Un amigo galego queda a durmir nunha cadeira, ao teu carón.

Un amigo pídeche algo prestado e devólvecho aos dous días...
Un amigo galego pídeche algo prestado e á semana esquécese que non é seu.

Un amigo ofréceche o sofá para que durmas.
Un amigo galego bríndache a súa cama, déitase no chan...
e non che deixa durmir en toda a noite conversando contigo.

Un amigo sabe unhas cantas cousas acerca de ti...
Un amigo galego podería escribir un libro coas cousas que lle contaches
de ti.

Un amigo lévache 'Acetaminofen' cando estás arrefriado.
Un amigo galego faiche unha sopa de polo e os remedios que lle ensinou 
súa avoa.
E pode que até che faga 'o avión coa culler, para que tomes a sopa.

Un amigo toca á túa porta para que lle abras...
Un amigo galego abre a porta, entra e despois diche: ¡ Cheguei!

Un amigo pídeche que lle fagas un café.
Un amigo galego pasa á cociña e monta a cafeteira e ata lle pide azucre a
unha veciña se non tes.

Un amigo pode selo por un tempo...
Un amigo galego é para toda a vida.