miércoles, 22 de abril de 2020

TRABALLO: A LITERATURA EN GALICIA NA POSGUERRA (Traballo feito polo meu fillo Daniel)


TRABALLO: A LITERATURA GALEGA DA POSGUERRA.
Ao igual que cando se produce unha catástrofe, e despois hai que empezar a construír de novo sobre as cinzas, así sucedeu cando a ditadura franquista se cerníu sobre o noso país  nos anos da guerra do 1936 ó 1939, cubrindo a lo menos unha noite de escuridade sobre a cultura en xeral e como non, sobre a literatura. Ver no meu libro de texto, unha foto de rapaces máis novos ca min, a imitaren un fusilamento durante a guerra, dáme unha idea das miserias que ían padecer os nosos  escritores. E así foi, pois moitos deles, o detiveron as súas publicacións por un tempo ou mesmo tiveron que emigrar e exiliarse en outros países, e iso sen ter en conta aqueles que quedaron e tiveron que pasar polo cárcere. Nesa época de violencia continuada no tempo, perdéronse intelectuais, políticos, bos  docentes, (como avó da miña nai, que para dar escola, desprazábase a Roupar en bicicleta onde botaba a semana, e que o tempo e o réxime se encargaron de deixalo no ouvido). Tamén economistas e artistas,  labregos, mineiros, gandeiros, mariñeiros, semente asoballada do noso futuro.
                Por iso, neste traballo, aínda que podería ser moi extenso por son moitos personaxes dos que habería que falar, por que todos eles contribuíron dalgún xeito ó que somos hoxe, só vou mencionar a catro. E máis que situalos nun tempo ou nunha corrente literaria, prefiro escollelos por que son da terra de meu pai e da terra da miña nai, aínda que sexa  toda unha, Galiza. Vou irmandar a Rianxo e a Lugo, como o meu pai José María e a miña nai Inés.
                Con todo o respecto  polos que non menciono, vou falar de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e de Rafael Dieste, os dous de Rianxo. E tamén vou falar de Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro, pola parte de Lugo ou Provincia.
                O meu pai, sempre di Daniel Castelao, así o coñecen os de Rianxo. Nace en 1886 e morre no exilio en 1950). Foi político, escritor e pintor. Estudou e licenciouse en Medicina en Santiago. Foi membro do corpo técnico do Instituto Xeográfico Estatístico e profesor auxiliar de debuxo no Instituto de Pontevedra.  Loitou contra o caciquismo. Foi membro da Academia Galega da Lingua e militou no partido Galeguista, sendo moi activo en política,  razón pola que se tivo que exiliar na Arxentina.
                En canto a súa obra literaria,  considérase un dos principais creadores da prosa moderna xunto con Ramón Otero Pedrayo.
COUSAS, en 1926 foi o seu primeiro libro de relatos breves. Despois, OS DOUS DE SEMPRE, E RETRINCOS, en 1934. O ensaio SEMPRE EN GALICIA  reflicte o seu ideario político  e social.
A maioría de todo o que escribiu, o fixo en lingua galega, e amosa a realidade sociocultural galega e cumpre unha función pedagóxica de denuncia, para cuxo fin utiliza o humor sarcástico, como di o meu  pai, a retranca galega, para denunciar as inxustizas. Como dramaturgo paga a pena mencionar OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE,  de 1941. Co tempo, os seus debuxos, formaron parte da súa obra de denuncia satírica da realidade galega.
                A súa vida e obra, influíu moito nun tío do meu pai, Manuel Dourado Deira, que mesmo chegou a  escribir dous libros  para lembrar a súa memoria: CONVERSAS CON TERESA CASTELAO, e O PRIMEIRO RETORNO DE CASTELAO.
                O outro autor de Rianxo, segundo di o meu pai, naceu dúas casas mais abaixo no ano 1899. Foi Rafael Dieste, home que tamén se dedicou á pintura por un tempo. Cursa a carreira de xornalismo en Santiago e traballa como periodista en Vigo. Froito do seu exilio na Arxentina, desenvolve numerosos proxectos editoriais.  Chegou a dedicarse á docencia como profesor de español.
Considérase tamén un dos mellores narradores xunto con Castelao e Otero Pedrayo. Escribiu en Galego e en Castelán. Formou parte da Real Academia da Lingua. En 1926 publicou unha colección de contos, DOS ARQUIVOS DO TRASNO, ambientando os seus relatos na Galicia primitiva e de lendas, mesturando o real e o fantástico.  En 1930 publicou VIAJE Y FIN DE DON FROILAN,  e en 1932, escribiu pequenas obras de teatro para Guignol.   
No ano 1933, apareceu o seu único libro de poesía, ROJO FAROL AMANTE, e a peza teatral QUEBRANTO DE DOÑA LUPARIA. En el 1936 publicou o seu ensaio LA VIEJA PIEL DEL MUNDO.
Son obras súas tamén HISTORIAS E INTERVENCIONES DE FELIX MURIEL, con elementos autobiográficos, VIAJE, DUELO Y PERDICIÓN, LUCHAS CON EL DESCONFIADO, e ensaios como NUEVO TRATADO DE PARALELISMO, PEQUEÑA CLAVE ORTOGRÁFICA, TESTAMENTO GEOMÉTRICO. EL ALMA Y EL ESPEJO,  TESTIMONIOS Y HOMENAJES, xunto con artigos publicados en xornais e revistas da época.
                A súa obra estivo orientada á narrativa, o teatro e o xornalismo, mais tamén mantivo unha intensa actividade pedagóxica e colaborou con diferentes publicacións da época como EL PUEBLO GALLEGO y FARO DE VIGO. E pese á influenza en escritores e autores do momento, o seu compromiso co idioma galego non é tan estreito como o de  doutros contemporáneos.
                No Lugo da miña nai, entre outros, destaca Anxel Fole, que nace en 1903  e onde cursa os primeiros estudos. Inicia co tempo tamén estudos de Filosofía e letras e Dereito en Valladolid e Madrid., pero abandonou ámbalas dúas carreiras. Por non exiliarse, viuse sometido a un total ostracismo interior. Foi membro da Real Academia Galega.
Foi un grande narrador e dramaturgo. Colaborou con artigos no EL PUEBLO GALLEGO e El PROGRESO, e chegou a dirixir publicacións como YUNQUE ou RESOL, onde tamén escribían outros literatos da época. Tamén colaborou con LA HOJA DEL LUNES de Lugo ou EL FARO DE VIGO.
Aínda que tamén cultivou o teatro (PAUTO CO DEMO en 1955) obra representativa do vangardismo , a maior parte da obra de Anxel Fole componse de relatos  e novelas curtas, dando forma á prosa galega ou narrativa: A LUS DO CANDIL en 1953, CONTOS DA NEBOA, en 1975, HISTORIAS QUE NINGUÉN CRE de 1985 e TIERRA ASPERA. Partindo das tradicións orais da Galicia rural, creou ambientes de maxia, misterio e sucesos sobrenaturais, ca imaxinaría típica da súa terra.
                E por último, D. Álvaro Cunqueiro nace en Mondoñedo no ano 1911. Cursa o Bacharelato en Lugo e despois a carreira de Historia en Santiago aínda que non a rematará ao empezar a traballar como xornalista. E como xornalista no Faro de Vigo, despois de unha intensa actividade como escritor, nos deixará en Vigo en 1981.
Legounos unha obra obra que abrangue todos os xéneros literarios e discorre por diferentes vías estéticas. Foi un decatado poeta, un brillante dramaturgo e un excepcional narrador que influíu  en autores de épocas e períodos diversos.
A súa obra poética divídese en dous grupos diferenciados: Dunha banda poemarios de corte vangardista (MAR O NORDÉ de 1932 no que entronca co cubismo literario, POEMAS DO SI E NON, de 1933, mostra do surrealismo, CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA RIVEIRA de 1933 e DONA DO CORPO DELGADO de 1960, mostras do neotrobadorismo) e doutra está o seu derradeiro libro HERBA AQUÍ E ACOLÁ  (1980).
Novelas como MERLIN E FAMILIA, 1955, CRÓNICAS DO SOCHANTRE, 1956, e SI O VELLO SINBAD VOLVESE AS ILLAS, de 1961 son referentes na literatura galega.
A súa obra narrativa desenvolvese no denominado realismo fantástico. Nos seus relatos os feitos marabillosos parten dos acontecementos máis cotiás con personaxes do seu mundo: convivencia do real e do fantástico nun plano de igualdade, incrustación dunha narración noutra, descrición exacta dos detalles e mestura de personaxes procedentes de diferentes tradicións e culturas que adoitan situarse en paisaxes galegas.
                Non deixou sen tocar o xénero dramático con O INCERTO SEÑOR HAMLET, PRINCIPE DE DINAMARCA, un dos máximos expoñentes da literatura galega. Tamén tocou o xénero didáctico con interese en moitos campos campos como a mitoloxía galega, TESOUROS NOVOS E VELLOS, ou a gastronomía con A COCIÑA GALEGA, moi popular onde reúne dúas das súas paixóns: Galiza e a boa mesa.
                Eran tempos difíciles para a cultura, moitas veces perseguida, na que os nosos intelectuais, dos que ensino unha pequena mostra neste traballo, tiveron que brillar en moita escuridade. Pero conseguírono e enriqueceron o noso país, algo que por sempre, debemos valorar e agradecer.