TRABALLO: A
LITERATURA GALEGA DA POSGUERRA.
Ao igual que cando
se produce unha catástrofe, e despois hai que empezar a construír de novo sobre
as cinzas, así sucedeu cando a ditadura franquista se cerníu sobre o noso país nos anos da guerra do 1936 ó 1939, cubrindo a
lo menos unha noite de escuridade sobre a cultura en xeral e como non, sobre a
literatura. Ver no meu libro de texto, unha foto de rapaces máis novos ca min, a
imitaren un fusilamento durante a guerra, dáme unha idea das miserias que ían
padecer os nosos escritores. E así foi,
pois moitos deles, o detiveron as súas publicacións por un tempo ou mesmo
tiveron que emigrar e exiliarse en outros países, e iso sen ter en conta
aqueles que quedaron e tiveron que pasar polo cárcere. Nesa época de violencia
continuada no tempo, perdéronse intelectuais, políticos, bos docentes, (como avó da miña nai, que para dar
escola, desprazábase a Roupar en bicicleta onde botaba a semana, e que o tempo
e o réxime se encargaron de deixalo no ouvido). Tamén economistas e artistas, labregos, mineiros, gandeiros, mariñeiros,
semente asoballada do noso futuro.
Por
iso, neste traballo, aínda que podería ser moi extenso por son moitos
personaxes dos que habería que falar, por que todos eles contribuíron dalgún
xeito ó que somos hoxe, só vou mencionar a catro. E máis que situalos nun tempo
ou nunha corrente literaria, prefiro escollelos por que son da terra de meu pai
e da terra da miña nai, aínda que sexa toda unha, Galiza. Vou irmandar a Rianxo e a
Lugo, como o meu pai José María e a miña nai Inés.
Con
todo o respecto polos que non menciono,
vou falar de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e de Rafael Dieste, os dous de
Rianxo. E tamén vou falar de Ánxel Fole e Álvaro Cunqueiro, pola parte de Lugo
ou Provincia.
O
meu pai, sempre di Daniel Castelao, así o coñecen os de Rianxo. Nace en 1886 e
morre no exilio en 1950). Foi político, escritor e pintor. Estudou e licenciouse
en Medicina en Santiago. Foi membro do corpo técnico do Instituto Xeográfico Estatístico
e profesor auxiliar de debuxo no Instituto de Pontevedra. Loitou contra o caciquismo. Foi membro da
Academia Galega da Lingua e militou no partido Galeguista, sendo moi activo en
política, razón pola que se tivo que
exiliar na Arxentina.
En
canto a súa obra literaria, considérase
un dos principais creadores da prosa moderna xunto con Ramón Otero Pedrayo.
COUSAS, en 1926 foi
o seu primeiro libro de relatos breves. Despois, OS DOUS DE SEMPRE, E
RETRINCOS, en 1934. O ensaio SEMPRE EN GALICIA
reflicte o seu ideario político e
social.
A maioría de todo o
que escribiu, o fixo en lingua galega, e amosa a realidade sociocultural galega
e cumpre unha función pedagóxica de denuncia, para cuxo fin utiliza o humor
sarcástico, como di o meu pai, a
retranca galega, para denunciar as inxustizas. Como dramaturgo paga a pena
mencionar OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE,
de 1941. Co tempo, os seus debuxos, formaron parte da súa obra de
denuncia satírica da realidade galega.
A
súa vida e obra, influíu moito nun tío do meu pai, Manuel Dourado Deira, que
mesmo chegou a escribir dous libros para lembrar a súa memoria: CONVERSAS CON TERESA
CASTELAO, e O PRIMEIRO RETORNO DE CASTELAO.
O
outro autor de Rianxo, segundo di o meu pai, naceu dúas casas mais abaixo no
ano 1899. Foi Rafael Dieste, home que tamén se dedicou á pintura por un tempo. Cursa
a carreira de xornalismo en Santiago e traballa como periodista en Vigo. Froito
do seu exilio na Arxentina, desenvolve numerosos proxectos editoriais. Chegou a dedicarse á docencia como profesor de
español.
Considérase tamén
un dos mellores narradores xunto con Castelao e Otero Pedrayo. Escribiu en
Galego e en Castelán. Formou parte da Real Academia da Lingua. En 1926 publicou
unha colección de contos, DOS ARQUIVOS DO TRASNO, ambientando os seus relatos
na Galicia primitiva e de lendas, mesturando o real e o fantástico. En 1930 publicou VIAJE Y FIN DE DON FROILAN, e en 1932, escribiu pequenas obras de teatro
para Guignol.
No ano 1933,
apareceu o seu único libro de poesía, ROJO FAROL AMANTE, e a peza teatral QUEBRANTO
DE DOÑA LUPARIA. En el 1936 publicou o seu ensaio LA VIEJA PIEL DEL MUNDO.
Son obras súas
tamén HISTORIAS E INTERVENCIONES DE FELIX MURIEL, con elementos autobiográficos,
VIAJE, DUELO Y PERDICIÓN, LUCHAS CON EL DESCONFIADO, e ensaios como NUEVO
TRATADO DE PARALELISMO, PEQUEÑA CLAVE ORTOGRÁFICA, TESTAMENTO GEOMÉTRICO. EL
ALMA Y EL ESPEJO, TESTIMONIOS Y
HOMENAJES, xunto con artigos publicados en xornais e revistas da época.
A
súa obra estivo orientada á narrativa, o teatro e o xornalismo, mais tamén
mantivo unha intensa actividade pedagóxica e colaborou con diferentes
publicacións da época como EL PUEBLO GALLEGO y FARO DE VIGO. E pese á influenza
en escritores e autores do momento, o seu compromiso co idioma galego non é tan
estreito como o de doutros
contemporáneos.
No
Lugo da miña nai, entre outros, destaca Anxel Fole, que nace en 1903 e onde cursa os primeiros estudos. Inicia co
tempo tamén estudos de Filosofía e letras e Dereito en Valladolid e Madrid.,
pero abandonou ámbalas dúas carreiras. Por non exiliarse, viuse sometido a un
total ostracismo interior. Foi membro da Real Academia Galega.
Foi un grande narrador
e dramaturgo. Colaborou con artigos no EL PUEBLO GALLEGO e El PROGRESO, e chegou
a dirixir publicacións como YUNQUE ou RESOL, onde tamén escribían outros
literatos da época. Tamén colaborou con LA HOJA DEL LUNES de Lugo ou EL FARO DE
VIGO.
Aínda que tamén
cultivou o teatro (PAUTO CO DEMO en 1955) obra representativa do vangardismo ,
a maior parte da obra de Anxel Fole componse de relatos e novelas curtas, dando forma á prosa galega ou
narrativa: A LUS DO CANDIL en 1953, CONTOS DA NEBOA, en 1975, HISTORIAS QUE
NINGUÉN CRE de 1985 e TIERRA ASPERA. Partindo das tradicións orais da Galicia
rural, creou ambientes de maxia, misterio e sucesos sobrenaturais, ca
imaxinaría típica da súa terra.
E
por último, D. Álvaro Cunqueiro nace en Mondoñedo no ano 1911. Cursa o
Bacharelato en Lugo e despois a carreira de Historia en Santiago aínda que non a
rematará ao empezar a traballar como xornalista. E como xornalista no Faro de
Vigo, despois de unha intensa actividade como escritor, nos deixará en Vigo en
1981.
Legounos unha obra
obra que abrangue todos os xéneros literarios e discorre por diferentes vías
estéticas. Foi un decatado poeta, un brillante dramaturgo e un excepcional
narrador que influíu en autores de
épocas e períodos diversos.
A súa obra poética
divídese en dous grupos diferenciados: Dunha banda poemarios de corte
vangardista (MAR O NORDÉ de 1932 no que entronca co cubismo literario, POEMAS
DO SI E NON, de 1933, mostra do surrealismo, CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA RIVEIRA
de 1933 e DONA DO CORPO DELGADO de 1960, mostras do neotrobadorismo) e doutra
está o seu derradeiro libro HERBA AQUÍ E ACOLÁ
(1980).
Novelas como MERLIN
E FAMILIA, 1955, CRÓNICAS DO SOCHANTRE, 1956, e SI O VELLO SINBAD VOLVESE AS
ILLAS, de 1961 son referentes na literatura galega.
A súa obra
narrativa desenvolvese no denominado realismo fantástico. Nos seus relatos os
feitos marabillosos parten dos acontecementos máis cotiás con personaxes do seu
mundo: convivencia do real e do fantástico nun plano de igualdade, incrustación
dunha narración noutra, descrición exacta dos detalles e mestura de personaxes
procedentes de diferentes tradicións e culturas que adoitan situarse en
paisaxes galegas.
Non
deixou sen tocar o xénero dramático con O INCERTO SEÑOR HAMLET, PRINCIPE DE
DINAMARCA, un dos máximos expoñentes da literatura galega. Tamén tocou o xénero
didáctico con interese en moitos campos campos como a mitoloxía galega,
TESOUROS NOVOS E VELLOS, ou a gastronomía con A COCIÑA GALEGA, moi popular onde
reúne dúas das súas paixóns: Galiza e a boa mesa.
Eran
tempos difíciles para a cultura, moitas veces perseguida, na que os nosos
intelectuais, dos que ensino unha pequena mostra neste traballo, tiveron que
brillar en moita escuridade. Pero conseguírono e enriqueceron o noso país, algo
que por sempre, debemos valorar e agradecer.