Que di a Biblia
sobre a cremación?
A resposta que dá a Biblia:
A Biblia non fala de maneira concreta sobre a práctica da cremación ou incineración. Non especifica se
hai que enterrar ou cremar aos mortos.
Na Biblia menciónase que algúns servos de Deus enterraron aos seus
seres queridos. Por exemplo, Abrahán
fixo un gran esforzo para atopar un lugar onde enterrar á súa esposa, Sara
(Xénese 23:2-20; 49:29-32).
A Biblia tamén explica que algúns servos de Deus queimaron
cadáveres. Por exemplo, cando o rei Saúl e tres dos seus fillos morreron nunha
batalla, os seus corpos quedaron en territorio inimigo e non recibiron a honra
debida. Ao decatarse da situación, uns soldados israelitas recuperaron os
cadáveres, queimáronos e enterraron os restos (1 Samuel 31:8-13). A Biblia
mostra que o que eses homes fieis fixeron cos cadáveres foi correcto (2 Samuel
2:4-6).
Conceptos erróneos sobre a cremación
O que algúns cren: A cremación deshonra o corpo.
A verdade: A Biblia di
que, ao morrer, a persoa volve ao po, e iso é o que lle pasa a un cadáver cando
se descompón (Xénese 3:19). A cremación,
que reduce o corpo a cinzas (ou po), simplemente acelera este proceso.
O que algúns cren: En tempos bíblicos só se
queimaban os cadáveres das persoas que non contaban co favor de Deus.
A verdade: É certo que
se queimaron os cadáveres dalgunhas persoas
desobedientes, como os de Acán e
a súa familia ( Xosué 7:25). Con todo, esa foi unha excepción, non a regra (
Deuteronomio 21:22, 23). Como se mencionou antes, tamén se queimaron os
cadáveres dalgúns servos fieis de Deus, por exemplo o de Jonatán, un fillo do rei Saúl.
O que algúns cren: A cremación impide que Deus poida resucitar á
persoa.
A verdade: Deus pode
resucitar a unha persoa sen importar que o seu cadáver fose enterrado, cremado, se perdera no mar ou o devoraran
animais salvaxes ([Apocalipse] 20:13). O Todopoderoso pode facerlle un corpo
novo con facilidade (1 Corintios 15:35, 38).
Como decidir entre a
cremación e o enterro
Para decidir que facer co corpo dun falecido, tome en conta os
seguintes factores:
Os desexos do defunto. A Biblia menciona algúns casos nos que os familiares respectaron
os desexos dunha persoa sobre que facer co seu corpo despois da súa morte
(Xénese 50:4, 5; Éxodo 13:19).
Os costumes locais. Estas adoitan determinar o que se fai co corpo dun falecido (Juan
19:40). Por exemplo, en tempos bíblicos o habitual era enterrar aos mortos
(Xéneses 49:31; 1 Samuel 28:3). Na actualidade, pódense seguir os costumes
locais sobre que facer cos corpos dos falecidos sempre que eses costumes non
vaian en contra dos principios bíblicos.
As leis do país. A Biblia dinos que debemos obedecer ás autoridades (Romanos
13:1). Nalgúns lugares, as autoridades establecen leis sobre que facer cos
cadáveres. Por exemplo, no caso da
cremación, nalgúns países existen limitacións respecto de onde arroxar
as cinzas.
Os sentimentos doutras
persoas. A Biblia anímanos a ter en conta os
sentimentos dos demais ( Filipenses 2:4). Ao decidir que faremos co corpo dun
falecido, preguntémonos: “Que pensan outros familiares sobre a cremación e o enterro? Como ven estes
costumes onde vivimos?”.