A película muda titulada A Trip Down
Market Street (Paseo pola rúa Market) presenta como era a vida en
San Francisco (Estados Unidos) a principios do século XX. Para filmala,
instalouse unha cámara a manivela na parte dianteira dun tranvía que percorría
a buliciosa rúa Market. Nela vense carruaxes, automóbiles, repartidores de
xornais e outras persoas que ían comprar ou a atender os seus asuntos cotiáns.
Un detalle que lle engade dramatismo é o
feito de que posiblemente se filmase en abril de 1906, xusto antes
do gran terremoto e incendio acontecido o 18 de abril e que se cobrou miles de
vidas, ademais de deixar case desolada aquela parte da cidade. É moi probable
que a algunhas das persoas que se ven na película só lles quedasen uns días de
vida.
"Cando un as ve tan alleas ao que
están a punto de sufrir, non pode evitar compadecerse delas", di Scott
Miles, descendente dun dos realizadores.
Que valor real ten a nosa vida?
É digna de ser recordada?
E se nuns días morrésemos?
Realmente estamos a vivir a nosa vida de maneira digna?