sábado, 6 de abril de 2013

Miñas primas: Olga, Esther e Lourdes.

Rianxo? Qué é Rianxo? Dourado?


MANUEL DOURADO DEIRA " MESTRE,ESCRITOR E HISTORIADOR "

Manuel Dourado Deira naceu en Rabunho, aldea de Carballal, naceu o 30 de agosto de 1929,e finou o 26 de Dezembro do 2012. Naceu no seo dunha humilde familia labrega, onde tivo que traballar el mismo ata quue xa foi mozo.A familia non podia axudarlle economicamente " Eu andaba cos porcos de meu pai (a carne que comiamos todo o ano, porque ir – como dicía miña nai – á corteduría a buscar carne ... non había cartos; cos cartos que se facían cos ovos había que comprar o cemento, o aceite ...) " polo que fixo da musica unha forma de ingresos percorreu Galiza, coma músico de aldea, tocando en bandas e orquestras populares para se poder pagar os estudos, comentaba el nunha entrevista feita polo noso amigo Ramon Torrado " Andaba cos porcos, subíame ó alto duns outeiros , duns pedrales que había na horta e collía a batuta – un cacho de cana – e empezaba a dirixir as árbores. Para min as árbores, pequenas e frondosas, eran unha gran orquestra. Un primo meu ensinoume as primeiras cousiñas de solfeo. Despois mandoume a outro, e despois a outro señor, que era director de banda dos Pinchudos de Taragoña, Valentín, que logo de maior fomos moi amigos. Foi meu mestre de solfeo e de instrumento: eu toquei o saxo alto. Formamos unha banda. Un acordeón, un saxo, unha trompeta e o sanbán, a batería. Pero eu quería saber máis e caeu por aquí, como auga de ceo, un mestre, don José Bandín Figueira. Este home doume clase de música. Conseguín un saxofón (con moito esforzo) e a Providencia fixo que me contrataran para un baile. Eu buscáballe unhas notas moi raras ó saxo.

Percorría toda Galiza como dixemos tocando coa banda de Manoliño do Araño ( Banda do sogro do Chato, que foi feita ao desfacerse a banda do Chancarro, daque falaremos en breve tempo).Sige-lle contando a Ramon que Cursou Bacharelato e despois Dereito e Maxisterio. Tuvo que deixar a música porque Dereito llo esixía.Cursou Bacharelato e despois Dereito e Maxisterio. Tuvo que deixar a música porque Dereito llo esixía. Seu pai morreu dunha parálise. Déronlle unha pensión mensual para continuar os estudos. Estivo nun despacho quince días. Cando veu que estaban esplumando ós pobres paisanos como se foran galiñas, entroume un nonseiqué, e rebeleime, e protestei ó xefe do despacho. Non interesaba a cultura.
Refirelle a Ramon o seu encanto pola musica clasica " “Os meus compositores clásicos favoritos son os románticos: Beethoven, Brahms, Schumann, Weber, Schubert en especial – ah, a súa Sinfonía Incompleta. Teño a Mozart case completo. A zarzuela, case a nosa ópera, é unha marabilla. Gústanme obras como a Maruxa de Vives e “La leyenda del beso” do catalán Vert e o galego Soutullo. Tamén me gustan os italianos: Verdi, Puccini, Donizetti. E a ópera integral alemá de Wagner, con base nas lendas do pobo. Da música popular galega, gústanme os centos de corais que temos, e as cancións que reflexan o traballo diario das xentes de Galicia, do mar e da terra”.
Despois dun Ensino Primario rudimentario, superou grazas ao mestre de Asados don José Bandín Figueira os seus estudos de bacherelato e se graduou con Premio Extraordinario, e de Maxisterio en Santiago de Compostela, carreira que simultaneou cos estudos na Facultade de Dereito que lle permitiron obter tamén o título de Licenciado en Dereito pola Universidade Compostelá.
Foi profesor de EGB no colexio Castelao de Rianxo (de lengua galega, lengua e literatura castela e ciencias sociales) dende finais dos anos sesenta ata a sua xubilación.
A súa vocación predominante foi a docencia, á que se dedicou con verdadeiro apaixonamento creativo. A outra gran paixón é a de escribir.
Comezou facendo periodismo de opinion no diario La Noche, de Santiago, colaborando despois con La Voz de Galicia, Faro de Vigo,El Correo Gallego, Galicia Hoxe, foi membro do Consello de Redacción de Encrucillada.
Recibeu o Premio de periodismo Ruta Xacobea no 1991.
Publicou o libro Conversas con Teresa Castelao, e un Un segundo libro sobre Maruxa Villanueva, unha galega de excepción, que se titula A Mestresa da Casa-Museo: Unha Rosalía rediviva.
Sobre o seu enterro contanos Ramon que que se fixo integramente en galego, e foi oficiado polo insigne teólogo e crego de Aguiño Andrés Torres Queiruga, amigo persoal de Dourado. Como era de esperar, Torres Queiruga foi elocuente e elevado, citando ó filósofo Ernst Bloch e facendo pensar. Empregou como argumento o que tal vez é a máis potente posible incitación á fe relixiosa para os agnósticos ou ateos: o misterio.
A extraordinaria cantante Felisa de Fruíme interpretou unha emocionante e belísima canción de exequias xunto co himno galego. Tamén había unha bandeira galega sobre o cadaleito de Dourado, e isto non era casual, porque o home que se honraba demostrou sempre, especialmente nos seus artigos na prensa de Compostela, o seu grande amor e a súa preocupación pola nosa terra e polo pobo de Galicia.
Esta soterrado en Rianxo , vila da sua dona e onde el viviu,Avelina González Rodríguez (con quen se casara en 1959) e suas fillas Olga e Lourdes,
Descanse en paz MESTRE