Limosa Lapponica
CASUALIDADE OU DESEÑO?
O sistema de navegación da agulla colipinta
A AGULLA colipinta realiza unha das viaxes migratorias máis asombrosas que coñece o home. Esta ave voa 11.000 quilómetros durante oito días ou máis sen deterse.
Os investigadores cren que algúns tipos de aves se valen do campo magnético da Terra para orientarse, coma se tivesen un compás cerebral. No caso da agulla colipinta, pode que tamén se guíe de día polo Sol e de noite polas estrelas. Parece que mesmo é capaz de percibir cando se achegan sistemas de tormentas e aproveita os ventos de cola. Sexa como for, os expertos aínda non rematan de explicarse como realizan estas aves a súa incrible viaxe.

É o sistema de navegación da agulla colipinta produto da evolución, ou foi deseñado?