viernes, 13 de septiembre de 2013

Xa se vía vir





O 2 de febreiro de 1905 naceu en San Petersburgo a filósofa e
escritora estadounidense (nacida rusa) Alissa Zinovievna Rosenbaum,
máis coñecida no mundo das letras baixo o pseudónimo de Ayn Rand, e
falecida en marzo de 1982 en New York.
Son súas estas palabras, nunca máis oportunas:

"Cando advirtas que para producir necesitas obter autorización dos que
non producen nada; cando comprobes que o diñeiro flúe cara aos que non trafican con bens senón con favores; 
cando percibas que moitos se fan ricos polo suborno e por influencias máis que polo seu traballo, e que as leis non che protexen contra eles senón, pola contra, son eles os que están protexidos contra tí; 
cando descubras que a corrupción é recompensada e a honradez se converte nun auto sacrificio, entón poderás afirmar, sen temor a equivocarte, que a túa sociedade está condenada ".

AYN RAND (1950)

miércoles, 28 de agosto de 2013




A PLUMAXE DO PINGÜÍN EMPERADOR

      O Pingüín emperador pode moverse como unha bala pola auga e saír disparado hacia o xeo. Cómo o logra?
     Expande as súas plumas co fin de atrapar aire e illarse do frío extremo. Pero ese aire tamén lle permite moverse dúas ou tres veces máis rápido na auga. Un grupo de biólogos mariños cre que o consegue liberando aire en forma de miles de burbullas que reducen a fricción superficial e aumentan a velocidade.
     Os enxeñeiros están buscando maneiras de aumentar a velocidade dos barcos usando burbullas para reducir a fricción co casco. Non obstante, recoñecen que "non será nada doado recrear a complexa plumaxe do pingüín con membranas e mallas porosas feitas polo home.
     É a plumaxe do pingüín emperador produto da evolución, ou foi deseñada?