martes, 13 de noviembre de 2012








Limosa Lapponica

CASUALIDADE OU DESEÑO?

O sistema de navegación da agulla colipinta


      A AGULLA 
colipinta realiza unha das viaxes migratorias máis asombrosas que coñece o home. Esta ave voa 11.000 quilómetros durante oito días ou máis sen deterse.

      Os investigadores cren que algúns tipos de aves se valen do campo magnético da Terra para orientarse, coma se tivesen un compás cerebral. No caso da agulla 
colipinta, pode que tamén se guíe de día polo Sol e de noite polas estrelas. Parece que mesmo é capaz de percibir cando se achegan sistemas de tormentas e aproveita os ventos de cola. Sexa como for, os expertos aínda non rematan de explicarse como realizan estas aves a súa incrible viaxe.

     É o sistema de navegación da agulla 
colipinta produto da evolución, ou foi deseñado?

domingo, 22 de enero de 2012

A aqueles que se gardan na memoria e mais no corazón

No recordo a Esther

De meu tío para a súa filla Esther(1).



En Memoria de dous seres queridos: Gratitude!


MANUEL DOURADO DEIRA

Eses dous seres son Isaac Díaz Pardo e Esther Dourado González, filla. A negra e fría sombra da morte cubriu co seu manto sombrío o día de Reis, día que quedará marcado para o resto dos nosos días. Non hai explicacións. Para qué? Sen embrago, queda o capítulo da gratitude que considero transcendental.
Sobre Díaz Pardo, xa se dixeron moitas e moi sabias verdades. Nin vou, pois, a insistir máis sobre o que todos os que queriamos e admirábamos a este gran home polifacético se salientaron. Simplemente, recordar algunhas das bases sobre que se asentaba a nosa vella e profunda amizade. Foi arredor dos anos 1960-61, data na que regresaron os Dieste, D. Rafael e a súa dona, dona Carmen Muñoz. Era polo verán. Os Dieste viñan de visitar a D. Roxelio Pérez González, seu grande amigo, Mestre, inspector do ensino primario, escritor, renovador da pedagoxía e da didáctica para un ensino galego e en galego. Encheu Galicia de bibliotecas escolares con libros sobre Galicia e nos diverso xéneros que entón existían, cuxos autores pertencían ao Grupo Rexionalista, Irmandades da Fala e, mais tarde, durante a II República. A el debo que, pese ao ventos en contra, escribira en galego, pois os meus primeiros artigos escribino en castelán.
Pasando algún tempo, reuníamos na casa dos Dieste, ávidos de ter información de primeira man sobre o que acontecera en Galicia durante o seu exilio. Alí foi onde, durante unha gran velada, conversamos ata altas horas da madrugada. Falamos de todo o divino e humano. A partir daquela noite, a nosa amizade foi afirmándose e medrando en extensión e profundidade ata o Día de Reis no que emprendeu a súa viaxe definitiva. Cousa que lamento profundamente por partida dobre.
Pero ti, amigo Isaac, un dos grandes de Galicia, brillarás coma unha estrela de primeirísima magnitude no firmamento da nosa Terra querida. Sempre serás un referente paradigmático a seguir. Polo menos, mentres no noso País queden xeracións cun amor consciente e crítico pola súa Patria. En consecuencia, ti, como Castelao, sempre serás luz que nos despegue as sombras, dúbidas e incertezas no rumbo que debemos tomar nas encrucilladas que a Vida nos vaia deparando.
Por iso, lamento que non puidera darte o derradeiro adeus. A nosa filla Esther, xusto ese día, tamén emprendeu esa viaxe sen regreso. A tal respecto, manifesto, no nome de toda a familia, a nosa profunda gratitude á multitudinaria asistencia que, tanto no Tanatorio de Rianxo como nos funerais e sepelio nos apoiaron e nos consolaron na nosa dor. Especialmente, ao GRUPO CORREO GALLEGO, ao DIARIO DA AROUSA; a tódolos amigos e compañeiros das miñas fillas Olga, Esther e Lourdes, en especial ás atencións dos compañeiros do Colexio de Cadreche (A Pobra), A Baña e Teo e a calquera outros que non recorde. resulta moi difícil reter na memoria obnubilada, incluso os máis achegados. A todos, Gracias!

De meu tío para a súa filla Esther(2).

  


Perfil Profesional de Esther Dourado González: Cadreche


MANUEL DOURADO DEIRA.

   O pasado sábado, 14-1-012, facía unha leve alusión a este negro acontecemento familiar do seu pasamento. Persoas achegadas á familia e amigos pareceulles que debía trazar un breve perfil profesional centrado no Colexio de Cadreche onde transcorreu o groso do labor docente de Esther durante 20 anos, con repercusións, non só estrictamente internas no propio colexio, centradas na educación personalizada de cada alumno, senón tamén no seu entorno social, onde o alumno debe integrarse como cidadán. Porque de pouco serve o labor pedagóxico e didáctico mais exquisitos no interior do colexio, se non se resolve previamente a problemática familiar e social do alumno. Porque ese labor non sería asimilado con gusto polo alumno frustrado por problemas familiares e mesmo do seu ambiente máis próximo. Débese ter en conta que a afectividade do propio alumno conectada e estimulada polo docente é esencial para a receptividade do alumno. Problemas que Esther abordou con entusiasmo e eficacia, non só na aula, senón dende a secretaría do Colexio que levaba paralelamente ao labor docente.
   Desde a secretaría, deben resolverse os problemas que as institucións administrativas superiores plantean e tamén atender as cuestións que presentan os familiares. Non sempre, sen embargo, os familiares cumpren con esa obriga, ben por razóns laborais, ou de calquera outro conflicto da sociedade actual. Iso repercute seriamente” no labor de formación do alumno e na tarefa educativa do profesor, que terá que resolver previamente os problema do entorno familiar do neno se quere que o seu traballo sexa proveitoso para el. E iso só o pode lograr o profesor mediante o cariño, a persuasión, a comprensión e a conexión afectiva co alumno. Porque a afectividade é esencial para que o alumno sexa receptivo á formación que se lle pretende transmitir. E iso soubo facer Esther moi eficazmente. E, cando os pais fallan, son os pobres avós quen, en moitos casos, ten que asumir esa responsabilidade do coidado dos netos que xa non lles é propia. Males dunha época que os docentes teñen que enfrontar. A familia é esencial no labor educativo. Sabémolo todos. Se a familia falla, a escola fracasa.
   Son pai e a miña visión podería resultar máis subxectiva ca real, pese a que visitei o Colexio de Cadreche varias veces e tiven ocasión de falar con moitos nais e pais. Todos eloxiaron o labor de Esther. Son os seus compañeiros de sempre quen, por boca do Director, corroboran a miña versión: “Era considerada como unha boa profesional, esixente consigo mesma e cos alumnos, sen prexuízo dunha boa compresión cara os problemas de cada alumno; boa compañeira, rigorosa no seu traballo durante os 20 anos que durou a súa docencia no centro”
Non quixera rematar esta semblanza sen unha mención especial para o nutrido grupo de amigos/as que tiña Esther en toda a zona. Gracias a todos. Neste momento, é vehemente desexo da familia de que aquí remate o período de condolencias ¡!Punto final.

lunes, 14 de noviembre de 2011

O inverno


Chove. Vai moito vento. O frío que padecemos nesta última semana borrou de golpe os agarimos que nos facía Apolo, deus do Sol, nas tardes de outubro que permitían desfrutar dun verán tardío. Fuxiron de súpeto as horas de calor, os días de outono lucindo roupa de tirantes, vestindo pantalón curto e facendo deporte ao aire libre do xeito máis agradable. Chega o inverno, imparable, convídandonos ao acendido das calefaccións, aos xantares con caldo e ás actividades deportivas de interior. Comezamos as clases de baile, o aérobic ou as sesións de ximnasio. Atrás fican os paseos que aseguraban o mantemento do bronceado estival. Que necesaria é a auga, pero que axiña nos cansa…

Os días vólvense grises, convértense en xornadas duras nas que desfacemos un par de paraugas no banal intento de protexernos dunha chuvia que acompaña ao anunciado temporal. E, sen previo aviso, ata vemos a primeira neve, preto da Mezquita ou mesmo no Cebreiro. Isto fainos reaccionar de golpe. Temos que mudar a roupa de verán. Xa non hai volta atrás. Custa desprenderse dos zapatos máis lixeiros, é tempo de botas, de abrigos, de bufandas e luvas. Son estes días os que me fan lembrar con especial emoción os poemas que falan do outono e do inverno, as estacións máis melancólicas, o período do ano que ansiamos transcurra axiña. Alomenos así o sinto eu, unha namorada do tempo estival, do verán e da primavera, dos días longos, coa sensación de contar con interminables horas de luz…
Hoxe, mentres escribo e asino estas liñas, vexo caer unha chuvia que molla a alma, sinto un frío no espírito que mal se pode combater co chocolate quente que degusto neste café esquecido no tempo, no espazo... E lembro ao poeta nicaragüense Rubén Darío, co seu maxistral poema titulado ‘De invierno’. O máximo referente do Modernismo deixou versos arquicoñecidos, que describen a unha dama parisina (Carolina) descansando nun sofá, do seguinte xeito: "envuelta con su abrigo de marta cibelina/y no lejos del fuego que brilla en el salón". O seu gato de angora branco busca o seu refuxio, escapando do frío que nestas tardes nos conxela a palabra. Sen gato, pero con abrigo de pel e gorro de lá haberá que lidiar co temporal que nos acompaña nas xornadas de preparación do Halloween, nas xornadas de honra aos defuntos. Móvense os cipreses, como adoita ser habitual nestas datas, na visita aos cemiterios, mentres depositamos as flores de rigor en cada sepulcro.
Coa melancolía que acompaña ao outono, recordo tamén o poeta Pablo Neruda, quen escribiu versos propios destes días no texto titulado ‘Jardín de invierno’. O chileno afirma ser un "libro de nieve", retrata o paso fugaz do outono e engade "todo pasó, fue cielo pasajero/ la copa del estío,/ y se apagó la nube navegante". Así se apagou o bo tempo para todos nós, comezando os días escuros, experimentando un xeito especial de morriña, ao botar de menos todo o que quedou atrás. Non perdamos o ánimo.  Cando nos deamos de conta estarán aquí de novo as escuras golondrinas de G. A. Bécquer.

RUTH FERNÁNDEZ




BENVIDA ADELA



Teño un berce
cheiño de ilusións
cheiño de ledicia

Teño un berce
ao carón da lareira
nel está Adela
a nosa pequena

Teño un berce
cheo de fermosas flores
e o arco da vella
encheuno coas súas cores

Teño un berce
preto do mar
o soliño mañanceiro
venmo  espertar
venmo  bicar

Teño un berce
no que recende a tomiño
que sempre está 
cargadiño de cariño

Quen aniña no meu berce?
aniña o meu ben
ela mirándome cos seus olliños
a nosa boneca
a nosa Adela




O     Catelo

domingo, 27 de marzo de 2011

OPINIÓN MÉDICA: As transfusións de sangue como tratamento.

A cirurxía sen sangue tamén é vida




Opinión 

Dr. Javier Bárcena Barros, 
colexiado número 50.949 - Madrid 
• A aplicación destas técnicas, que comezaron a investigarse hai moitos anos nas Testemuñas de Xehová, os que rexeitan as transfusións de sangue por razóns relixiosas, está a producir uns resultados  sorprendentes, ata o punto de que miles de facultativos no ámbito mundial fixeron súa a cita de Viele e Weiskopf no artigo: «¿Que nos ensinan acerca da necesidade de transfundir os pacientes que rexeitan a transfusión «? ".


A frase «o sangue é vida» repetiuse ata a saciedade, unha aseveración que leva a moitos a concluír que non utilizar o devandito fluído como tratamento médico equivale á morte do paciente.

En cambio, nos últimos anos constátase unha crecente sensibilización
social en relación cos inconvenientes da transfusión. Por exemplo, xa en 1996 unha enquisa Gallup realizada en Canadá mostrou que o 89% dos enquisados preferirían outra alternativa á transfusión de sangue, aínda cando esta se considerase necesaria durante o acto cirúrxico.

Na actualidade, as persoas informadas non sempre aceptan unha transfusión de sangue, pois existe unha lóxica preocupación polas consecuencias que puidesen derivarse dela. Non é para menos xa que, se ben as transfusións resultan hoxe máis seguras que antes, o certo é que non se deben pasar por alto os riscos evidentes que levan consigo, algúns xa amplamente coñecidos, como: transmisión de graves enfermidades infecciosas, reaccións transfusionais, ou alteracións do sistema inmunolóxico, e outros quizais aínda por coñecer.

A preocupación dos profesionais da saúde debe estar centrada en dar aos pacientes a mellor atención médica e a cirurxía máis segura, de máis calidade. Por iso a medicina moderna ocúpase, con crecente intensidade, en resolver este problema, atendendo á demanda da xente e ofrecendo a posibilidade dunha cirurxía libre dos efectos prexudiciais e riscos potenciais do sangue e os seus derivados.

De feito, nas revistas médicas máis prestixiosas proliferan artigos sobre técnicas de aforro hemático, e sucédense con inusitada frecuencia congresos e simposios sobre cirurxía sen sangue, que están a xerar na clase médica un interese crecente. É evidente que algo está a cambiar no xeito de entender a praxe médica neste campo.

Un principio que parecía inamovible hai só uns anos "o sangue é vida", estase a tornar hoxe en día en:
"vida máis segura, sen transfusión de sangue".

Conviría aclarar a que nos referimos ao falar de cirurxía ou tratamento médico sen sangue, e tamén qué alternativas ofrece a medicina moderna para paliar o uso de sangue ou hemoderivados.

Cirurxía sen sangue.
O concepto utilízase con frecuencia na literatura cirúrxica, e aplícase a unha grande variedade de procedementos destinados a previr as perdas sanguíneas e minimizar ou suprimir a transfusión. É dicir, un conxunto de estratexias que aplicadas de forma combinada ou illadamente evitan o uso de sangue e hemoderivados.
Para conseguir o devandito obxectivo, séguense tres liñas de actuación:
 1) reducir ao máximo as perdas, 2) rendibilizar o propio sangue do paciente mediante técnicas cirúrxicas e anestésicas axeitadas, e 3) utilizar substancias farmacolóxicas que estimulen a produción endóxena de sangue (hematopoese).

Alternativas.
Algunhas das alternativas que se están a utilizar son as seguintes:

Instrumentos cirúrxicos hemostáticos, tales como o electrocauterio,
bisturí ultrasónico ou o coagulador de raio argon, que reducen a hemorraxia e contribúen a unha menor manipulación dos tecidos. Tamén existen axentes hemostáticos tópicos.

Autotransfusión, a reutilización do propio sangue do individuo; xa sexa mediante técnicas de hemodilución (extracción de sangue  substitución do volume extraído por solucións expansoras no momento de comezar a intervención) ou de recuperación do foco hemorráxico durante ou inmediatamente despois da intervención, para ser reinfundida ao paciente mediante máquinas especiais.

Expansores do plasma, fluídos sintéticos que poden transfundirse como substitutos temporais do sangue para manter o volume plasmático, a
presión, e mellorar a circulación.

Eritropoetina, versión biosintética dunha hormona humana natural que estimula a produción de glóbulos vermellos.

Fármacos antifibrinolíticos, como o ácido tranexámico e épsilonaminocaproico, que reducen a hemorraxia durante e despois dunha intervención cirúrxica, actuando tanto na función plaquetaria como na coagulación e a fibrinolise.

Compostos de ferro, ácido fólico, vitamina B12 e outras substancias necesarias para a formación das células sanguíneas.

Solucións transportadoras de osíxeno. Substitúen a capacidade do sangue para transportar o osíxeno aos tecidos.

A aplicación destas técnicas, que comezaron a investigarse hai moitos anos nas Testemuñas de Xehová, os que rexeitan as transfusións de sangue por razóns relixiosas, está a producir uns resultados sorprendentes, ata o punto de que miles de facultativos no ámbito mundial fixeron súa a cita de Viele e Weiskopf no artigo:
«¿Que nos ensinan acerca da necesidade de transfundir os pacientes que rexeitan a transfusión «? ".
Os autores mencionan que as técnicas aprendidas no tratamento destes pacientes serven de paradigma para tratar optimamente os demais pacientes cirúrxicos.

Na actualidade, xa existen no mundo mais de duascentas unidades de
cirurxía sen sangue. A este respecto, a revista médica Jano hai xa algúns anos publicou un artigo titulado «¿Cara a unha medicina sen Transfusións?».
Nel explicouse que en Estados Unidos xa existían entón preto de cen centros hospitalarios con programas de medicina e cirurxía sen sangue ou hemoderivados.
O seu número creceu tanto nos últimos 5 anos que xa contan cunha organización propia: Asociación Nacional de Medicina sen Sangue (NABS).

En España, algúns dos grandes cirurxiáns, como o meu amigo o Dr. Juan Manuel revuelta, Xefe do Servizo de Cirurxía Cardiovascular do Hospital Universitario Marqués de Valdecilla de Santander, comparten hoxe estas iniciativas. O Dr. Revolta escribiu: «Dende hai uns anos vimos intervindo cirurxicamente a pacientes con patoloxía cardiovascular complexa sen utilización de hemoderivados, nos que puidemos demostrar resultados tan satisfactorios como co resto dos nosos pacientes.
De feito, raramente utilizamos hemoderivados, grazas a este programa que iniciamos coas testemuñas de Xehová».

Unha nota de prensa que lin hai uns días informaba que no hospital La Paz de Madrid, véñense aplicando dende 1998 varios programas de aforro de sangue cos que se conseguiu unha redución efectiva no consumo de hemoderivados. En intervencións de columna conseguiuse reducir notablemente as unidades transfundidas, mesmo alcanzando unha taxa transfusional do 0% en operacións de prótese de xeonllo.

Un dos colectivos que máis se beneficiou destas técnicas son as
testemuñas de Xehová ás que, por razóns relixiosas, se negaron dende hai moito tempo a recibir transfusións de sangue, cando case ninguén dubidaba dos seus múltiples beneficios. ¿Porqué? ¿Que os motiva a tomar esta decisión?

Hai miles de anos a Biblia xa falaba desta obxección. Sorprende atopar nela máis de 300 referencias ao sangue, ao que se lle dá un valor sagrado.
Por esta razón o mandato divino "Abstéñanse de... sangue" déixase translucir claramente ao longo das Escrituras en textos como Xénese 9:4, Levítico 17:13,14 ou Feitos 15: 28,29.
Esta norma xa foi comprendida e respectada polos cristiáns primitivos.
Como relata Tertuliano, un teólogo latino do século III quen, sinalando o contraste entre as prácticas dos romanos e as dos cristiáns respecto ao sangue, dixo:
"Deberiades avergonzarvos do voso erro en relación aos cristiáns, que nin sequera o sangue dos animais tomamos nos convites [...].
Para tentar aos cristiáns, queréndoos desviar do seu camiño, presentádeslles morcillas cheas con sangue, certísimo de que non lles é lícito tomalas.
¿Como hai que entender, pois, que creades que ansían sangue humano os que confesades aborrecen sangue de besta "? ".

Hoxe en día as testemuñas de Xehová, cristiáns para os que a Biblia
segue tendo grande importancia na vida, continúan poñendo en práctica os
consellos que esta contén, non só no relativo a este tema, senón tamén a
outros como a neutralidade nos asuntos bélicos e políticos, o amor aos demais, ou as altas normas morais, a pesar de non ser moi populares nos
tempos que corren.

Dende logo, todo isto obriga a pensar na importancia de ser humildes, saber escoitar, e respectar "ao outro". Vénme á mente o que escribiu o profesor de dereito Charles Baron, da Boston Law School:
"O labor das minorías que loitan polos seus dereitos a miúdo beneficiou á xente en xeral.
Neste tempo, cando o sida e outras enfermidades transmitidas polo sangue son unha auténtica ameaza, o labor das testemuñas de xehová á hora de promover cirurxía sen sangue e outras técnicas médicas sen sangue beneficiou a todos os pacientes.
Merecen o noso agradecemento".

Dr. Javier Bárcena Barros, colexiado número 50.949 de Madrid