miércoles, 23 de febrero de 2011

POESÍA...




     Poesía

Doce das palabras
caloriño do corazón esperanzado
recordo agarimoso  das lembranzas
 e das inquedanzas.

Poesía

Amiga dos que miran ao lonxe
dos que senten
sentimento dos cegos que ven
e dos excravos ao verse libres,

Poesía

Natureza brilante na mente
radiante sol no verán
cántiga sen partitura
mestra da melodía.

Poesía

Cor do amencer de cada novo día
soidade e ledicia na mesma man
axóuxere no berce dun neno
cascabeis soantes
de brancos corceis
traendo boas novas.

Poesía

Meu ben, meu alento, meu soño
miña namorada, miña compañeira;
o noso
Nós.

 Poesía

Bolboretas en liberdade
fragrancia da laranxeira ao solpor
escuro afán do saber
o valor da amizade.

Poesía
O Catelo


miércoles, 16 de febrero de 2011

MOMENTOS DE NOSTALXIA



Ao mar botei un poema
que levou con el as miñas preguntas e a miña voz
Como un lento barco  perdeuse na escuma

Pedinlle que non dese a volta
sen ver o altamar
e en sonos falar comigo do que viu

Aínda se non volvese
eu sabería se chegou

Viaxar a vida enteira
pola calma azul ou en tormentas naufragar
pouco importa o modo se algún porto espera

Agardei tanto tempo a mensaxe
que esquecín volver ao mar
e así eu perdín aquel poema
Berrei aos ceos todo o meu rancor
Acheino por fin, pero escrito na area
como unha oración

O mar golpeou nas miñas veas
e librou o meu corazón

martes, 1 de febrero de 2011

O amigo Galego





Un amigo é alguén que nunca che pide comida...
Un amigo galego é a razón pola que organizas unha comida.

Un amigo pregúntache como estás...
Un amigo galego diche que ben te vexo,  abrázate e  bícate.

Un amigo chama aos teus pais “señor e señora”...
Un amigo galego chama aos teus pais "meu vello" e "miña
vella "...

Un amigo pode que nunca che vira chorar...
Un amigo galego chorou contigo, por calquera cousa.

Un amigo mándache flores e unha tarxeta cando estás internado no hospital.
Un amigo galego queda a durmir nunha cadeira, ao teu carón.

Un amigo pídeche algo prestado e devólvecho aos dous días...
Un amigo galego pídeche algo prestado e á semana esquécese que non é seu.

Un amigo ofréceche o sofá para que durmas.
Un amigo galego bríndache a súa cama, déitase no chan...
e non che deixa durmir en toda a noite conversando contigo.

Un amigo sabe unhas cantas cousas acerca de ti...
Un amigo galego podería escribir un libro coas cousas que lle contaches
de ti.

Un amigo lévache 'Acetaminofen' cando estás arrefriado.
Un amigo galego faiche unha sopa de polo e os remedios que lle ensinou 
súa avoa.
E pode que até che faga 'o avión coa culler, para que tomes a sopa.

Un amigo toca á túa porta para que lle abras...
Un amigo galego abre a porta, entra e despois diche: ¡ Cheguei!

Un amigo pídeche que lle fagas un café.
Un amigo galego pasa á cociña e monta a cafeteira e ata lle pide azucre a
unha veciña se non tes.

Un amigo pode selo por un tempo...
Un amigo galego é para toda a vida.

martes, 25 de enero de 2011

Ven de contado o aniversario. Vinte anos.




OS TEUS OLLOS


                Cando se pon a lúa tras dos penedos,

            choran as estreliñas todas do ceo.


               Tamén eu choro, tamén eu choro,

            cando non me alumean eses teus ollos.



               Buscan os pitos reises para faguer niño,

   a herba santa que nace beira do rio.



  Eu busco solo, eu busco solo,

unha mirada meiga deses teus ollos




A

Agora ao monte...




Agora tócanos coñecer Ribeira de Piquín. Como diría O Catelo,
beleza enxebre, unha mestura ao natural.

E así son as de alí
aquelas que son como as demais
enxebres coma ningún outro lugar.

É mirar e descubrir ese encanto natural
esa mirada especial que as distingue
para ben ou para mal.

Chegan, soben, están
saben como tratar
non se quedan atrás.

Xa cho dí o refraneiro:
"raposo da montaña, avogado da ribeira".
Ata dín na miña terra:
"as de alí son máis traballadoras cas de abaixo"
Dende logo, gobernadoras...un cacho.


ACREDITACIÓN





   Anda que non me deu traballo! E o peor é descubrir o pouco que sei
de galego e o moito que me queda por aprender.