lunes, 10 de enero de 2011

Conto para nenos: O POZO DOS DESEXOS

O pozo dos desexos.


       Ata o pozo dos desexos achegouse un home que desexaba ser rico. Antes de ceibar a moeda dentro, asomouse para ver se no máis fondo era como un pozo normal, coa súa auga e todo. Pero alí dentro aparecía moi escuro, así que se asomou máis. Asomouse tanto que perdeu  o equilibrio e precipitouse ao fondo do pozo.
      
       No fondo do pozo dos desexos non había auga, senón todas as moedas que antes que el ceibaran miles de homes, mulleres e nenos para formular o seu desexo. Agora ese home cumprira o seu desexo de ser rico.

       Pero deseguida se decatou de que alí non había nada que comprar, co que toda aquela fortuna lle resultaba inútil. Así que ceibou a súa moeda de riba e desexou con todas as súas forzas que alguén o sacase do pozo.

                                                            Pinto & Chinto

Visitamos o Castelo de Pambre

Atópase na Parroquia de Pambre, Palas de Rei (LUGO)
Castelo mandado construír polo nobre D. Gonzálo Ozores de Ulloa na
segunda metade do século XIV (cara ao ano 1375). Foi o único que quedou en pé en Galicia despois das Revoltas dos Irmandiños (14731 -1467).
     Pregunta para Reflexión: ¿Como é posible que malia o seu estado ruinoso, aínda se conserve como ó vemos, mentres que moitos edificios dos que se constrúen na actualidade non existirán na metade do tempo que leva construído este castelo?