martes, 18 de marzo de 2014
GALEGOS NO MUNDO
FORON GALEGOS OS QUE DESCUBRIRON AUSTRALIA E NOVA ZELANDIA
Investigadores de París e Canberra din que os galegos descubriron Australia 240 anos antes que Cook
Investigadores de París e Canberra din que os galegos descubriron Australia 240 anos antes que Cook
Reza o dito que hai galegos ata na Lúa. E, aínda que non foron atopados no satélite natural da Terra, a historia adoita confirmar calquera esaxeración ao respecto. Así sucede cos nosos antípodas. Aínda que as enciclopedias atribúen a súa conquista ao inglés James Cook, son moitos os expertos que afirman que Australia e Nova Zelandia foron descubertas por galegos.
Cando, en 1642, o explorador holandés Abel Tasman recalou en Nova Zelandia, atopou uns celeiros sobre piares. Eran unhas construcións estrañas, que non existían en ningunha outra cultura desa zona do globo. Hoxe, non poucos estudosos afirman que, en realidade, son hórreos… Hórreos galegos levantados polos aborixes maorís.
A orixe desta historia está na expedición que, en 1525, partiu dende A Coruña cara á India, comandada por García Jofre de Loaísa. O seu obxectivo era consolidar os descubrimentos feitos por Magallanes tres anos antes. E converteuse na segunda frota que logrou circunnavegar a Terra.
Entre os fitos desta expedición está o rescate de Gonzalo de Vigo, un grumete vigués que se perdera na campaña de Magallanes e que sobreviviu durante catro anos na illa de Guam, vivindo cos nativos. Por asombrosa casualidade, foi encontrado pola nova frota e está considerado o primeiro robinsón do océano Pacífico.
Había palabras galegas na lingua dos aborixes, que tiñan un Deus Ouro
Pero antes deste feito insólito, sucedeu outro que marcaría esta historia: o extravío da carabela “San Lesmes”, que se perdeu no océano e xamais foi atopada. O buque, de 80 toneladas, levaba cincuenta tripulantes, dos que a meirande parte, uns trinta, eran galegos.
Pero antes deste feito insólito, sucedeu outro que marcaría esta historia: o extravío da carabela “San Lesmes”, que se perdeu no océano e xamais foi atopada. O buque, de 80 toneladas, levaba cincuenta tripulantes, dos que a meirande parte, uns trinta, eran galegos.
Durante séculos, pouco se soubo da sorte destes homes, agás por un feito moi estraño: Hai palabras e topónimos en galego en Australia, Nova Zelandia e algunhas illas do arquipélago polinesio de Tuamotu. Hoxe dáse por certo que a súa orixe está nos náufragos galegos da “San Lesmes”.
A primeira teoría expúxoa Roger Hervé, conservador do Departamento de Mapas da Biblioteca Nacional de París, que en 1982 publicou “O descubrimento fortuíto de Australia e Nova Zelandia por navegantes portugueses e españois”.
“A carabela perdida”
Pero foi en 1988 cando o historiador Robert Langdom, da Universidade de Canberra, publicou “A carabela perdida” (“The lost caravel”. Pacific Publications, 1988), na que afirma que os galegos se estableceron en Nova Zelandia, Australia e a illa de Amanu, onde narracións orais contan a chegada da “San Lesmes“.
Pero foi en 1988 cando o historiador Robert Langdom, da Universidade de Canberra, publicou “A carabela perdida” (“The lost caravel”. Pacific Publications, 1988), na que afirma que os galegos se estableceron en Nova Zelandia, Australia e a illa de Amanu, onde narracións orais contan a chegada da “San Lesmes“.
O profesor Langdom (quen por certo comparte nome co protagonista de “O código da Vinci”), asegura que o navegante inglés James Cook, que chegou a Australia 240 anos máis tarde, atopou poboación branca nalgunhas illas e na costa australiana. Tamén localizou palabras que identifica como galegas. Ademais, cre que a relixión de Amanu, única na zona, adora o “Deus Ouro“, o cal identifica coa ansia por este metal dos europeos recén chegados.
Ao igual que, na mesma época, facía Hernán Cortés no imperio mexica, a obsesión dos conquistadores era o vil metal. Tanto preguntaban polo ouro que os aborixes chegaron a darlle carácter divino e a adoralo.
Pero, para que o caso sexa redondo, o historiador australiano di que os celeiros que empezaron a construírse en Nova Zelandia no século XVI non son outra cousa que hórreos. Hórreos galegos nas antípodas.
O estudo de Langdom conclúe que a “San Lesmes” foi arrastrada por unha tormenta e encallou en Amanu. Alí desprendéronse dos canóns, para reflotala. Segundo el, estas son as baterías do século XVI que atoparon en 1969 os franceses, durante a construción da base militar de Hao, para as probas nucleares no atol de Mururoa.
Os galegos establecéronse nestas illas, onde alcanzaron unha posición preeminente. Tras reparar a carabela, intentaron viaxar ás Molucas, pois sabían que esas illas, chamadas entón “das especias”, eran o obxectivo da Coroa española. E que, se ben xa non poderían contactar coa expedición de Jofre de Loaísa, talvez atoparían outra expedición ou a cidade forte que pretendían fundar os seus compatriotas.
Os esforzos dos náufragos da “San Lesmes” foron inútiles. A bordo da súa maltreita carabela só conseguiron vagar por Australia e Nova Zelandia, deixando a súa cultura, unha lingua, e, polo visto, un bo puñado de descendentes. Que serían os brancos que logo atoparía o capitán James Cook.
E por isto hai hórreos nos antípodas. Cando menos, eso sostén un historiador da Universidade de Canberra. E algúns outros colegas no mundo. Así queda claro que, agás na Lúa, haiche galegos en todas as partes. E o da Lúa aínda está por ver…
lunes, 3 de marzo de 2014
PROBLEMÁTICA DO AGRO
O AGRO GALEGO PIDE XENTE
A
cada momento son mais os lugares que fican abandonados. Casas e
leiras énchense de silveiras e o noso rural empobrécese ao mesmo
tempo que a poboación envellece e finalmente desaparece. Mais esta
situación non é casual. A agricultura e a gandaría sufriron o
embate das políticas ditadas pola Unión Europea e o grande capital,
que lonxe de buscar dinamizar e facer do medio rural unha opción
para os mozos e mozas, rurais ou non, no que desenvolver a súa
atividade e as súas vidas, deseñaron todo un plano de destrucción
e desmantelamento que nos leva à dificil situación
actual.
Primeiro dixeron que tiñamos que ser mais “modernos”
e “profesionais” para competir en Europa e neste novo mundo
globalizado. Que ademais tiñamos que ser mais grandes, que as
pequenas explotacións que secularmente alimentaron este país e que
foron celeiro e despensa de nacións veciñas e mesmo de ultramar non
tiñan futuro. Dixeron que ademais tiñamos que ser menos, e
que os primeiros en desaparecer serían eses “pequenos” que aínda
sobrevivían e que eran unha distorsión no novo modelo de
“modernidade” que nos traían os ventos que sopraban desde
Bruxelas. Que o campo poría a todos ricos, e os fillos e fillas dos
labregos poderian estudar unha carreira e fuxir das miserias do
campo…
No nome da profisionalización, as explotacións
convertéronse en monofuncionais. Instaláronse os novos modelos
produtivos, de grandes establos e de animais presos encerrados entre
muros de formigón. Despreciouse a capacidade produtiva da nosa horta
e noutros setores, como o viñedo, deuse paso à entrada de capital
especulativo e a modelos tipo “Falcon Crest” que nada teñen que
ver coa nosa realidade.
Mais a crise do modelo económico que nos
azouta está a pór en cuestión ese “fantástico” deseño do
noso rural: as explotacións que se fixeron dependentes de insumos
alleos à explotación e sobre todo das axudas europeas ven que esas
agora non chegan. A dramática redución de explotacións fai que os
e as poucos que quedan teñan unha escasa cando non nula capacidade
de presión e nogociación á hora de definir o prezo das suas
producións, e a Adminitración, na sua promesa de
“austeridade”, desmantela os poucos e moitas veces precarios
servizos que tiñamos no medio rural.
Mais ao mesmo tempo xente
nova chega ao noso rural. Uns/unhas empeñanse en quitar adiante as
explotacións familiares, con novas ideas e novos proxectos.
Outros/as acheganse por primeira vez ao campo desenvolvendo novas
atividades ou recuperando vellos oficios con novos folgos e moita
imaxinación. Distintos proxectos, distintas visións, mais unha
reflexión coincidente: o noso agro ten futuro.
Coñezámonos,
compartamos as nosas experiencias, os nosos erros e os nosos acertos,
as nosas ilusións e e os nosos medos, reflexionemos sobre o noso
futuro, desde os proxetos persoais aos comunais, desde a
multifuncionalidade, a ecoloxia, o respeito polo medio e co ollar
posto na nosa capacidade. Cremos que o noso rural ten futuro, mais
teremos que escribilo entre todos e todas nós, e non deixar, outra
vez, que sexan outros quen o fagan.
( O artigo non é meu, aínda que lle tiven que facer varios axustes de tradución e mesmo agora non estou contento co resultado). Pero amosa algo que si está pasando no eido agrario de Galicia. O noso agro debería de estar máis estruturado en sentido global. Podía ser unha fonte de moita riqueza e non o é.
jueves, 6 de febrero de 2014
O QUE É, NON O QUE NOS CONTAN
A crise, unha estafa detrás
doutra
(Até 13
no artigo, pero hai máis)
Tradución dun artigo de Xoán Torres López. Explica moi ben o que pasou co tema da crise
a nivel mundial e mesmo no noso país. É un artigo moi relacionado coa linguaxe
da economía. Tan só é un exercicio de
tradución para non me esquecer dos meus coñecementos da nosa lingua e como
reto persoal de calidade. As cursivas son da miña colleita. Para máis
información:
http://juantorreslopez.com
A
Real Academia Española da Lingua define de dous modos o verbo estafar. Como
pedir ou sacar diñeiro ou cousas de valor con artificios e enganos e con ánimo
de non pagar, e, en sentido xurídico, como cometer algún dos delitos que se
caracterizan polo lucro como fin e o engano ou abuso de confianza como medio.
Por iso eu creo que o termo de estafa é o que mellor describe o que fixeron
continuadamente os bancos, os grandes especuladores e a inmensa maioría dos
líderes e as autoridades mundiais antes e durante a crise que padecemos.
Os
Estados déronlle aos bancos privados o privilexio de crear diñeiro emitindo
débeda coa escusa de que iso era necesario para financiar a actividade das
empresas e os consumidores. Pero nos últimos trinta anos, a banca internacional
multiplicou a débeda para financiar os mercados especulativos e para gañar
diñeiro simplemente comprando e vendendo máis diñeiro, e non para financiar a
economía produtiva. Esta é a primeira
estafa.
Para
dispoñer de recursos adicionais aos que
depositaban os seus clientes, a banca ideou formas de vender os
contratos de débeda e difundiunos por todo o sistema financeiro internacional.
Pero ao facelo, ocultaba que millóns deses contratos non tiñan as garantías
mínimas e que ao menor problema perderían todo o seu valor, como efectivamente
aconteceu. Actuando desa forma e tratando de elevar cada vez máis a
rendibilidade das súas operacións, a banca foi asumindo un risco cada vez maior
que ocultaba aos seus clientes e ás autoridades e que transmitía ao conxunto da
economía.
Esta é a segunda estafa. Alguén oiu falar de LEHEMAN BROTHERS, de onde saiu o actual ministro de Economía Luis de Guindos?
Para
levar a cabo esas estafas, a banca recorreu ás axencias de cualificación que
actuaron como os seus cómplices corruptos enganando sistematicamente a clientes
e autoridades indicando que a calidade deses produtos financeiros era boa cando
en realidade sabían que non era así e que, pola contra, se estaba a difundir un
risco elevadísimo porque eran, como se demostrou máis adiante, puro lixo financeiro.
Esta é a terceira estafa. Quen non escoitou falar las PREFERENTES?
Os
grandes financeiros conseguiron que os bancos centrais fosen declarados
autoridades independentes dos gobernos coa escusa de que estes podían
utilizalos ao seu antollo e de que así era mellor para lograr que non subisen
os seus prezos. Non obstante, o que aconteceu foi que con ese estatuto de
"independentes" os bancos centrais se puxeron ao servizo dos bancos
privados e dos especuladores, mirando a outro lado ante a súa perda total de
orde, control e medida. E así, en lugar
de combater a inflación permitiron que se dese a suba de prezos da vivenda
quizais máis alta de toda a historia e constantes burbullas especulativas en
numerosos mercados. E lonxe de conseguir a estabilidade financeira o certo foi
que durante o seu mandato "independente" tamén houbo o maior número
de crises financeiras de toda a historia. Esta é a cuarta estafa.
Para
xerar fondos abondos para inverter nos mercados especulativos cada vez máis
rendibles, os bancos e grandes financeiros lograron, coa escusa de que iso era
o conveniente para loitar contra a inflación, que os gobernos levasen a cabo
políticas que reducisen os salarios e aumentasen así os beneficios (que na súa
maior parte van a aforro en lugar de ao consumo como lle pasa aos salarios), e
a progresiva privatización das pensións e dos servizos públicos. Esta é a quinta estafa.
Cando
o risco acumulado desa forma estalou e se desencadeou a crise, os bancos e os poderosos lograron que os
gobernos, en lugar de deixar caer aos bancos irresponsables, de encarcerar aos
seus directivos e aos das axencias de cualificación que provocaron a crise,
désenlles ou prestasen a baixísimo interese varios billóns de dólares e euros
de axudas coa escusa de que así volverían enseguida a financiar a economía.
Pero en lugar de facer isto último os bancos e grandes financeiros usaron eses
recursos públicos para sanear as súas contas, para volver ter enseguida
beneficios ou para especular en mercados como o do petróleo ou o alimentario,
provocando novos problemas ou que en 2009 houbese 100 millóns de persoas
famentas máis que en 2008. Esta é a sexta
estafa.
Os
gobernos tiveron que gastar centos de miles de millóns de dólares ou euros para
evitar que a economía se colapsara e para axudar á banca. Como consecuencia
diso tiveron que endebedarse. Como os bancos centrais están dominados por ideas
liberais profundamente equivocadas e ao servizo da banca privada, non
financiaron axeitadamente aos gobernos, como si fixeran cos bancos privados, e
iso fixo que tivesen que ser os bancos privados os que financiasen a súa
débeda. Así, estes últimos recibían diñeiro ao 1% dos bancos centrais e
colócano na débeda pública ao 3, ao 4 ou mesmo ao 8 ou 10%. Esta é a sétima estafa. Ou é que xa ninguén se acorda dos polo menos 40.000 millóns de euros
que o noso país recibiu de Europa, e tan só a metade para Bankia, pedidos polos
nosos gobernantes actuais? Había de ser en Irlanda o Islandia e o conto ía ser
outro.
Como
os bancos e grandes financeiros non quedaron contentos con ese negocio
impresionante, dedicáronse a propagar rumores sobre a situación dos países que
se tiveran que endebedar pola súa culpa. Iso foi o que fixo que os gobernos
tivesen que emitir a débeda máis cara, aumentando así o beneficio dos
especuladores e poñendo en grandes dificultades ás economías nacionais. Esta é
a oitava estafa.
Os
gobernos quedaron así atados de pés e mans ante os bancos e os grandes
fondos de
investimento e, grazas ao seu poder nos organismos internacionais, nos medios
de comunicación e nas propias institucións políticas como a Unión Europea,
aproveitaron a ocasión para impoñer medidas que a medio e longo prazo lles
permitan obter beneficios aínda maiores e máis doadamente: redución do gasto
público para fomentar os negocios privados, (moitas
veces en mans de parentes dos políticos) reformas laborais para diminuír o poder de
negociación dos traballadores (como a que
nos impuxeron nestes últimos tempos e da que o oitenta por cen da xente en
realidade descoñece) e os seus salarios, (preto de 650 euros de salario base no noso país fronte a salarios de
1400 euros de salario base como en Francia), privatización das pensións,
etc... Afirman que así se combate a crise pero en realidade o que van producir
é todo o contrario porque é inevitable que con esas medidas caia aínda máis a
actividade económica e o emprego porque o que fan é diminuír o gasto produtivo
e "o combustible" que os sostén. Esta é a novena estafa. Polo camiño quedaron o emprego, a xente que acabou
na rúa sen vivenda e sen axudas, etc.
Dende
que a crise se mostrou con todo o seu perigo e extensión, as autoridades e mesmo
os líderes conservadores anunciaron que estaban completamente decididos a poñer
fin ás irresponsabilidades da banca e ao descontrol que a provocara, que
acabarían co segredo bancario, cos paraísos fiscais e coa falta de regulamento
que vén permitindo que os financeiros fagan calquera cousa e que acumulen risco
sen límite con tal de gañar diñeiro... Pero o certo é que non tomaron nin unha
soa medida,nin unha soa, nesa dirección. Esta é a décima estafa.
Mentres
está a pasar todo isto, os gobernos, escravos ou cómplices dos poderes
financeiros, non pararon ainda de esixirlle esforzos e sacrificios á cidadanía
mentres que aos ricos e aos bancos e financeiros que provocaron a crise non
lles deron senón axudas constantes e todo tipo de facilidades para que sigan
facendo exactamente o mesmo que a
provocou. Grazas a
iso, estes últimos están a obter de novo centos de miles de millóns de euros de
beneficios mentres que cae a renda dos traballadores, dos xubilados ou dos
pequenos e medianos empresarios. Esta é a undécima
estafa. É ou non?
Mentres
que constantemente vemos que os presidentes de gobernos reciben instrucións do
Fondo Monetario Internacional, das axencias de cualificación, dos banqueiros ou
da gran patronal, a cidadanía non pode expresarse e déselle que todo o que está
a acontecer é inexorable e que o que eles fan é o único que se pode facer para
saír de atranco. Esta é a duodécima
estafa. E repíteno tódolos días,
especialmente polos canais públicos como LA UNO , que a xente que oe, pero non escoita, ó cre.Quen
dos que está a ler este artigo provocou a crise? Ou foron máis ben os que nos
menten cada día?
Finalmente,
quérese facer crer á xente que a situación de crise na que estamos é o
resultado dun simple ou momentáneo mal funcionamento das estruturas financeiras
ou mesmo económicas e que se poderá saír dela facendo unhas cantas reformas
laborais ou financeiras. Engánannos porque en realidade vivimos dende hai
decenios en medio dunha convulsión social permanente que afecta a todo o
sistema social. A verdade é que cada vez hai un maior número de seres humanos
famentos e máis diferenzas entre os autenticamente ricos e os pobres, que se
acelera a destrución do planeta, que os medios de comunicación están cada vez
en propiedade de menos persoas, que a democracia existente apenas deixa que a
cidadanía se pronuncie ou inflúa sobre os asuntos máis decisivos que lle
afectan (Ou para que pensades que é a
nova lei que multa por manifestarse e persegue con cargas policiais ós cidadáns
de a pé?) e que os poderosos se empeñan en impoñer os valores do
individualismo e a violencia a toda a humanidade. Esta é a trixésima estafa.
O que aconteceu e o
que segue acontecendo ao longo é a crise é isto, unha
sucesión de estafas e por iso non se poderá
saír dela ata que a cidadanía non se impoña aos estafadores impedindo que sigan
enganándoa, (Como no Gamonal onde a xente
prefire que se paguen garderías o outros servizos públicos en vez de invertelos
en algo que beneficia o construtor de quenda, que para máis inri foi xa
condenado por estafa pero que nada lle pasa por ser afín o “Grande Irmán”? ) ata
que non lles obrigue a dar contas dos seus delitos financeiros e ata que non
evite definitivamente que sigan comportándose como ata agora.
sábado, 4 de enero de 2014
E se nuns días todo cambiase ou desaparecese para nos?
A película muda titulada A Trip Down
Market Street (Paseo pola rúa Market) presenta como era a vida en
San Francisco (Estados Unidos) a principios do século XX. Para filmala,
instalouse unha cámara a manivela na parte dianteira dun tranvía que percorría
a buliciosa rúa Market. Nela vense carruaxes, automóbiles, repartidores de
xornais e outras persoas que ían comprar ou a atender os seus asuntos cotiáns.
Un detalle que lle engade dramatismo é o
feito de que posiblemente se filmase en abril de 1906, xusto antes
do gran terremoto e incendio acontecido o 18 de abril e que se cobrou miles de
vidas, ademais de deixar case desolada aquela parte da cidade. É moi probable
que a algunhas das persoas que se ven na película só lles quedasen uns días de
vida.
"Cando un as ve tan alleas ao que
están a punto de sufrir, non pode evitar compadecerse delas", di Scott
Miles, descendente dun dos realizadores.
Que valor real ten a nosa vida?
É digna de ser recordada?
E se nuns días morrésemos?
Realmente estamos a vivir a nosa vida de maneira digna?
Que opinan hoxe moitos médicos sobre as transfusións de sangue.
Por décadas, as testemuñas de Xehová
foron criticadas por rexeitar as transfusións de sangue. O seu rexeitamento
baséase no mandato bíblico de absterse de sangue (Feitos 15:29).
En ocasións, dita postura foi en contra da opinión
dos médicos, pois pensábase que os
tratamentos sen sangue supoñían demasiados riscos.
Non obstante, cada vez son máis
os profesionais con experiencia no campo da saúde que enxalzan as vantaxes de
valerse de estratexias clínicas que eviten as transfusións sanguíneas.O número
de primavera de 2013 da revista Stanford Medicine Magazine, publicada pola
Escola de Medicina da Universidade de Stanford (Estados Unidos), contiña un
informe especial sobre o tema do sangue. Un dos artigos titulábase
"Against the Flow-What 's Behind the Decline in Blood Transfusions"
(En contra da corrente. Por que xa non se fan tantas transfusións de sangue). A
autora, Sarah C. P. Williams, sinalou:
"Nos últimos dez anos, un crecente número de
estudos demostrou que en moitos hospitais de todo o mundo se administra sangue
doado en maior cantidade e con maior frecuencia da necesaria, tanto dentro como
fóra do quirófano.
O artigo cita a doutora Patricia
Ford, fundadora e directora do Centro de Medicina e Cirurxía sen Sangue do
Hospital de Pensilvania (Estados Unidos). Ela dixo: "A idea de que o
paciente morrerá se non ten certo volume sanguíneo, de que o sangue é a
salvación, está profundamente arraigada na cultura médica. [...] Y aínda que
iso si é certo nalgúns casos, non o é na maioría". *
A doutora Ford, que atende ao
redor de setecentas testemuñas de Xehová ao ano, afirmou tamén: "Grande
parte dos médicos cos que falei nun principio tiñan o falso concepto de que sen
unha transfusión, moitos pacientes morrerían. Eu mesma o cría ata certo grao.
Pero pronto descubrín que con tan só poñer en práctica unhas cantas estratexias
moi sinxelas é posible atender con éxito eses pacientes".
En agosto de 2012, a revista
Arquives of Internal Medicine publicou os resultados dun estudio realizado en
certo hospital durante vinte e oito anos con pacientes sometidos a operacións
de corazón. As pacientes Testemuñas recuperáronse máis rápido que os que
recibiron transfusións de sangue. Ademais, tiveron menos complicacións durante
a súa estanza no hospital. A súa taxa de supervivencia tras a operación foi
mellor, e vinte anos despois era case igual á dos transfundidos.
Un artigo publicado en The Wall
Street Journal o 8 de abril de 2013 informou: "A cirurxía sen sangue -é
dicir, sen sangue doado- beneficiou por anos aos pacientes que rexeitan as
transfusións por motivos relixiosos. Pero esta práctica é cada vez máis común
nos hospitais. [...] Os cirurxiáns que a defenden afirman que non só contribúe
a reducir os custos relacionados coa compra, almacenaxe, procesamento, análise
e transfusión de sangue, senón que tamén evita os riscos de contraer infeccións
provocadas por transfusións de sangue, así como outras complicacións que
prolongan a estanza hospitalaria do paciente".
Non sorprende, polo tanto, que
Joaquín Casanova, director cirúrxico do Hospital de Manises (Valencia, España),
declarase recentemente: "As
vantaxes de [este tipo de] cirurxía son evidentes. Por un lado, o paciente
mellora máis rapidamente grazas ao emprego de técnicas minimamente invasivas
que favorecen a recuperación e [acurtan] o tempo de hospitalización e, por
outro, redúcense as posibles complicacións intrahospitalarias asociadas ás
transfusións".
Pola súa banda, Robert Lorenz,
director médico da Clínica de Cleveland (Estados Unidos), dixo:
"É verdade que cando transfundimos a un
paciente, sentimos que lle estamos a facer un favor [...].
Pero os resultados das investigacións indican que
co tempo o que lle facemos é un dano".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


